Ernesto Martínez Fernández, finado en 2006, foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria Industrial. No franquismo foi nomeado alcalde de Carballeda de Avia en 1956, tomando posesión o 14 de xuño.La Región, 21-6-1956, p. 4. Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido alcalde como cabeza da lista de Coalición Democrática con maioría simple. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Alianza Popular e volveu impoñerse con maioría simple, porén perdeu a alcaldía tras apoiar os concelleiros de Coalición Galega ó único concelleiro do PSdeG. Nas municipais de 1987 encabezou novamente a candidatura de Alianza Popular e recuperou a alcaldía con maioría absoluta. Repetiu como alcalde logo das municipais de 1991, nesta ocasión con maioría simple, e gobernou en minoría ata que en setembro de 1992 incorporou ó goberno a 2 concelleiros electos na candidatura de Converxencia Centrista. Nas municipais de 1995 e municipais de 1999 revalidou a alcaldía con maioría absoluta. A marcha de 2 edís do seu grupo ó grupo mixto a finais de 2000 desembocou, en marzo de 2001, nunha moción de censura do PSdeG-PSOE apoiada por unha das edís que abandonara o PPdeG e que fixo alcalde ó candidato socialista Luis Milia Méndez. En febreiro de 2003 abandonou a política activa..
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Carballeda de Avia
Ligazóns externas Ernesto Martínez agotará el mandato en Carballeda porque se lo pide el PP, noticia en La Voz de Galicia Ernesto Martínez rectifica y retira su dimisión como concejal de Carballeda, noticia en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Carballeda de Avia Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Finados en 2006