As nematófitas ou nematófitos (Nematophyta) son un grupo parafilético de organismos terrestres extintos de tipo vexetal, que probablemente incluía algunhas plantas e tamén algasSmith, M. R.; Butterfield, N. J. (2013). "A new view on Nematothallus: Coralline red algae from the Silurian of Gotland". Palaeontology 56 (2): 345–357. doi:10.1111/j.1475-4983.2012.01203.x. que se coñecen polo seu rexistro fósil datado desde o Silúrico ata inicios do Devoniano (chert de Rhynie, Escocia). O xénero tipo Nematothallus, que tipifica o grupo, foi descrito por primeira vez por Lang en 1933, que o imaxinou como unha planta talosa con características tubulares e esporófitos, cuberta por unha cutícula que preservou as impresións das células subxacentes. Lang atopou abondosos restos disgregados con estas tres características, pero ningún deles estaba conectado cos outros, o que facía que a reconstrución destes restos como con partes constituíntes dun mesmo organismo fose hipotética. Non se coñecen neste fósil estruturas reprodutoras ou vexetativas comúns ás doutras plantas, e certos membros do plexo nematófito (incluíndo Nemataplexus, conxugacións axiais de tubos bandeados ou ramificados) parecen pertencer a fungos.Edwards, D.; Axe, L. (2012). "Evidence for a fungal affinity for Nematasketum, a close ally of Prototaxites". Botanical Journal of the Linnean Society 168 (1): 1 –18. doi:10.1111/j.1095-8339.2011.01195.x.

A falta dunha clara definición dos nematófitos fixo que fosen utilizados como un taxon caixón de xastre, e denominábanse "nematofíticos" a todos os tipos de tubos e cutículas con marcas de células do Silúrico.

Os nematófitos, con cutículas e tubos bandeados, atopáronse en coprólitos producidos aparentemente por miriápodos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía McGregor and Narbonne (1978): "Upper Silurian trilete spores and other microfossils from the Read Bay Formation, Cornwallis Island, Canadian Arctic"

Categoría:Fósiles