Yosyf Veliamyn Rutskyi (en ; en ; en ), nado en 1574 en Ruta (hoxe no distrito de Navahrudak, Belarús) e finado o 5 de febreiro de 1637, foi un eclesiástico grecocatólico ucraíno, metropolita de Kíiv e Galicia dende 1613 até a súa morte en 1637. Traxectoria Naceu en Ruta, preto de Navahrudak (entón parte do Gran Ducado de Lituania, hoxe en Belarús), nunha familia orixinalmente ortodoxa mais conversa pouco despois ao calvinismo. Comezou os seus estudos en escolas calvinistas de Niasviž e Vilnius. Arredor de 1590, cando estudaba na Universidade Carolina de Praga e baixo influencia dos xesuítas, converteuse ao catolicismo, adoptando o catolicismo latino. Entre 1593 e 1596 estudou Filosofía na Universidade de Würzburg, e a partir de 1603 no Colexio Grego de Santo Atanasio de Roma. A petición de Clemente VIII, pasou ao rito bizantino.

A súa volta a Lituania, traballou en Vilnius (entón principal sé da Igrexa ucraína) xunto ao metropolita Ipatii Potii, e alí fundou unha escola de preparación para o sacerdocio. Entre 1605 e 1606 viviu en Moscova co legado papal Paulo Simeón, e á súa volta a Roma presentou ao papa Paulo V un programa de reforma relixiosa da Igrexa católica ucraína. Á súa volta a Vilnius ingresou no mosteiro da Santa Trindade (1607), onde foi ordenado e tomou o nome relixioso de "Yosyf" (1608). En 1613 foi consagrado bispo, e á morte de Ipatii Potii foi nomeado metropolita. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1574 Categoría:Nados na rexión de Hrodna Categoría:Finados en 1637 Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Bispos católicos de Belarús Categoría:Primados da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Alumnos do Pontificio Colexio Grego