A lingua saami de Skolt (sääʹmǩiõll,sääʹmǩiõll que significa 'a lingua saami', ou nuõrttsää’mǩiõll para distinguila doutras linguas saamis) é unha lingua urálica falada aproximadamente por 400 persoas en Finlandia,Informe do Ethnologue para o saami de Skolt principalmente en Sevettijärvi, e por outros 20-30 falantes do dialecto Njuõʹttjäuʹrr na área preto do lago Lovozero en Rusia. O saami de Skolt tamén adoitaba falarse na zona de Neiden, en Noruega, onde está recoñecida como lingua minoritaria. Escríbese empregando o alfabeto latino e a súa ortografía foi establecida de xeito oficial en 1973. O saami de Skolt está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Kimberli Mäkäräinen Glosario Saami-Inglés (unhas 500 palabras).
Categoría:Linguas saamis Categoría:Linguas de Finlandia Categoría:Linguas de Rusia