Julio Muñoz Rodríguez de Aguilar, marqués de Salinas, finado en Hornachuelos (Córdoba) o 21 de xullo de 1983Necrolóxica en ABC, foi un militar e político español.

Traxectoria Carlista. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi Xefe da Delegación de Prensa da Xunta Nacional Carlista de Guerra e despois nomeado Xefe provincial de Falange Española Tradicionalista y de las JONS de Guipúscoa. En febreiro de 1938 foi nomeado Gobernador civil da CoruñaEl Pueblo Gallego 19-2-1938, p. 7.. En marzo foi nomeado membro da Junta Política de FET y de las JONSDiario de Pontevedra, 9-3-1938, p. 3.. Xunto con Pedro Barrié de la Maza, promoveu a adquisición mediante subscrición popular do Pazo de Meirás o 5 de decembro de 1938 para regalarllo a Francisco Franco. Permaneceu como gobernador até novembro de 1939. Nos anos corenta foi o primeiro Xefe da Casa Civil de Francisco Franco. Foi condecorado coa Gran Cruz do Mérito Naval en 1939.

Vida persoal Casou con Magdalena Muguiro Frígola en 1924.

Notas

Categoría:Militares de España Categoría:Gobernadores civís da Coruña Categoría:Finados en 1983 Categoría:Nados en ano descoñecido