Bríxida (tamén grafada como Brighid, Brigid ou Brigit) é unha deusa celta moi popular en Irlanda, deusa da inspiración e do lume. Bríxida era representada por tres mulleres, Bríxida, a poetisa, Bríxida, a menciñeira, e Bríxida, a ferreira, sendo coñecida coma a deusa da Tripla Lapa, pois o lume alimenta as forxas, quenta os experimentos dos alquimistas, e incendia a mente dos poetas. Deu lugar a múltiples topónimos na Europa atlántica.
Bríxida é unha das deusas chamadas de pancélticas, pois foi loada por todos os diferentes pobos celtas. Bríxida era filla do deus supremo Dagda, e un dos Tuatha Dé Danann. Era a dona de Bres, rei dos Tuatha Dé Danann, con quen tivo un fillo, Ruadán.
Orixe e toponimia asociada En irlandés antigo Brigit (ˈbrɪʝɪdʲ) pasou a escribirse coma Brighid no irlandés moderno. A forma antiga pasou ao inglés coma Bridget, e ao galego antigo coma Brigida (hoxe escrito Bríxida). Estaría tamén relacionado o nome da deusa celta Brigantia, loada na Gran Bretaña e a Gallaecia.
Topónimos que derivan de Brigid Brìghde/Brìde (Escocia) Fraid (Gales) Brigindū (Galia) Brigantia (vila da Gallaecia, hoxe Betanzos) Braga (capital da Gallaecia, hoxe no Norte de Portugal) Braganza (vila da Gallaecia, hoxe no Norte de Portugal) Brigantis (Gran Bretaña) Bregenz (Austria)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Bríxida de Irlanda Brigantia (deusa)
Categoría:Deusas celtas Categoría:Deusas irlandesas Categoría:Deusas da guerra Categoría:Tuatha Dé Danann