Adriana Lima, nada en Salvador (Baía) o 12 de xuño de 1981, é unha modelo e actriz brasileira coñecida por ser imaxe de Victoria's Secret dende 2000, así como a imaxe dos cosméticos de Maybelline dende 2003 a 2009.
Traxectoria
Con 15 anos Lima acabou primeira na competición Supermodelo do Brasil de Ford, e segunda no ano seguinte na competición Supermodelo do Mundo de Ford. No 2012 foi a cuarta supermodelo que máis cartos gañou segundo a revista Forbes, cunhas ganancias estimadas de $7,3 millóns por ano. No 2013 acadou o terceiro posto, e no 2014 o segundo cunhas ganancias de $8 millóns. Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Salvador, Baía Categoría:Modelos femininas do Brasil Categoría:Brasileiros de ascendencia africana Categoría:Brasileiros de ascendencia indíxena Categoría:Brasileiros de ascendencia xaponesa Categoría:Brasileiros de ascendencia portuguesa Categoría:Brasileiros de ascendencia suíza