Ramón Encinas Diéguez, nado en Ourense o 4 de setembro de 1918 e finado en Pontevedra o 9 de agosto de 2014, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Sobriño do futbolista e adestrador Ramón Encinas Dios, cursou os primeiros estudos en Ourense, rematando o bacharelato en 1936. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 alistouse como voluntario e combateu no exército rebelde alcanzando o grao de capitán de Infantaría.La Noche, 10-4-1965, p. 7. Estudou Dereito por libre na Universidade de Santiago de Compostela (1942-1945). Conseguiu o doutoramento na Universidade de Salamanca en 1946. Membro de Falange Española Tradicionalista y de las JONS, foi fiscal en Xinzo de Limia e Verín, vicepresidente da Deputación de Ourense, oficial maior do concello de Ourense, secretario do Ministerio da Vivenda, subxefe provincial do Movimiento, conselleiro nacional e procurador en Cortes por Ourense (1964-1971), gobernador civil de Huesca, Pontevedra (1964-1970)El Pueblo Gallego, 10-4-1965, p. 1. e Albacete,El Pueblo Gallego, 24-1-1970, p. 1, 3. xefe da asesoría xurídica de Caixa Ourense e director xeral de Caixa Pontevedra. Finou en Pontevedra o 9 de agosto de 2014.Despedida al exgobernador civil Ramón Encinas Diéguez

Recoñecementos Gran Cruz da Orde do Mérito Civil en 1965.El Pueblo Gallego, 1-5-1964, p. 15.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Barreiro Fernández, Xosé Ramón; López Morán, Beatriz; Mínguez Goyanes, Xosé Luís (2003). Parlamentarios de Galicia : biografías de deputados e senadores (1810-2003). Parlamento de Galicia - Real Academia Galega. ISBN 84-87987-25-7.

Categoría:Gobernadores civís de Huesca Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Gobernadores civís de Albacete Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Grandes cruces da Orde do Mérito Civil Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes