María Valverde Rodríguez, nada en Madrid o 24 de marzo de 1987, é unha actriz española, gañadora do Goya á mellor actriz revelación 2003 polo filme La flaqueza del bolchevique. É coñecida por interpretar o papel de Babi no exitoso filme español Tres metros sobre el cielo, estreado o 3 de decembro de 2010, que protagonizou xunto ao galego Mario Casas.

Traxectoria Debutou aos 16 anos xunto ao galego Luís Tosar en La flaqueza del bolchevique (2003), dirixida por Manuel Martín Cuenca. Grazas a este papel gañou o Goya á Mellor actriz revelación. Participou en filmes como Fuera del cuerpo (2004), Vorvik (2005) ou o filme película italo-español Melissa P., baseado nun polémico libro titulado 100 colpi di spazzola prima di andare a dormire da escritora italiana Melissa Panarello.

En 2006 interpretou a Lucrecia Borgia en Los Borgia, dirixida por Antonio Hernández e xunto a Paz Vega. Un ano máis tarde promoveu, xunto a Daniel Brühl, a campaña outono-inverno de Purificación García. En 2008 participó no videoclip de The Melocotons, onde ten un papel destacado cunha estética xuvenil e desenfadada.

En decembro de 2010 é a estrea de Tres metros sobre el cielo, dirixida por Fernando González Molina e protagonizada por ela e mailo galego Mario Casas. Converteuse no filme de maior caixa en cinema de todo o ano e en 2012 estreouse a secuela: Tengo ganas de ti. En 2013 grava o filme Broken Horses en Hollywood dirixido por Vidhu Vinod Chopra.

En xaneiro de 2013, fichou por unha miniserie en Telecinco titulada Hermanos onde dá vida a Virginia e que empezou a rodar a mediados de febreiro. Esta serie é o seu segundo proxecto en televisión tralo final da serie La fuga.María Valverde, protagonista femenina de la serie 'Hermanos' de Telecinco

En setembro de 2013, María Valverde fichou para a superprodución Exodus: Gods and Kings do director Ridley Scott e na que María interpreta a Séfora, á dona de Moisés (Christian Bale), a súa estrea foi o 4 de decembro de 2014.María Valverde será la mujer de Christian Bale en Exodus

Mantivo unha relación co actor galego Mario Casas desde 2009 até 2014, ano no que decidiron dala por rematada tras de cinco anos xuntos.

Cine Ano Filme Personaxe Director 2014 Ahora o nunca Eva María Ripoll 2014 A Lonely Sun Story (curtametraxe) Linda Juanma Suárez e Enrique F. Guzmán 2014 La Carga Elisa Alan Jonsson 2014 Exodus: Gods and Kings Séfora Ridley Scott 2014 Tu y yo (mediametraxe) Laura Kike Maíllo 2014 400 Boys Paiva Alastair Paton 2013 La Mula Conchi Michael Radford 2013 Broken Horses Vittoria Vidhu Vinod Chopra 2013 Libertador M.Teresa Alberto Arvelo 2012 Tengo ganas de ti Babi Fernando González Molina 2012 A puerta fría Inés Xavi Puebla 2010 Madrid, 1987 Ángela David Trueba 2010 Tres metros sobre el cielo Babi Fernando González Molina 2009 Cracks Fiamma Jordan Scott 2008 La mujer del anarquista Manuela Marie Noelle e Peter Sehr 2008 El rey de la montaña Bea Gonzalo López-Gallego 2007 El hombre de arena Lola José Manuel González 2007 Ladrones Sara Jaime Marques 2007 Las lágrimas del cisne (curtametraxe) James J. Wilson 2006 Válido para un baile (curtametraxe) Gabi Beneroso 2006 Los Borgia Lucrecia Borgia Antonio Hernández 2006 Melissa P. Melissa Luca Guadagnino 2005 Vorvik Sofía José Antonio Vitoria 2004 Fuera del cuerpo Cuca Vicente Peñarrocha 2004 Cuando nadie nos mira (curtametraxe) Anna Pau Atienza 2003 La flaqueza del bolchevique María Manuel Martín Cuenca

Televisión Ano Serie Personaxe Canle 2014 Hermanos Virginia Telecinco 2012 La fuga Anna Serra Telecinco

Teatro

Ano Obra Dirección 2009 Llueve en Barcelona Francesco Saponar 2008 Puerta del sol, un episodio nacional Juan Carlos Pérez de la Fuente 2007 Lapidando a María Marco Carnitti

Varios

Ano Publicidade/ Moda/ Outros 2014 Anuncio de Nadal de Freixenet xunto a David Bisbal dirixido por Kike Maíllo 2014 Videoclip "Ojos color sol" de Calle 13 e Silvio Rodríguez 2014 Imaxe dos clásicos de Herbal Essences 2014 Colaboración con David Bisbal: 4 Videoclips 2014 Videoclip "Ahora o nunca" da banda Doble Elefante 2013 Imaxe do perfume Nina L'Eau de Nina Ricci 2012 Colaboración con Solocomedia.com - Sketch: "El brownie" 2011 Videoclip "Mira la vida" de Dani Martín 2010 Vídeo "La Revolución de los sentidos" para Hoss Intropia 2010 Imaxe de Hoss Intropia - Primavera-Verán 2010 2008 Presentación a prensa do produto Don Perignon 2008 Videoclip "Meg and my girlfriend" de The Melocotons 2007 Imaxe de Purificación García 2006 Presentación a prensa do produto Excel Sanex 2004 Pasarela Gaudí. Desfile: Lydia Delgado 2003 Anuncio: "Miguel Ángel" do xeado Maxibom de Camy Nestlé 1997 Cabeceira do programa ¿Qué apostamos? TVE

Premios Premios Goya

Ano Categoría Filme Resultado2003Mellor actriz revelaciónLa flaqueza del bolcheviqueGañadora

Outros premios

Premio Chica Men's Health (2013) Premio Faro joven no Festival de cine de Alfàs del Pi (2013) Premio á mellor actriz no Festival Camino de Santiago por A puerta fría (2013) Premio Fotogramas de Prata ao intérprete máis buscado na web de fotogramas (2013) Premio Celebrities Awards á mellor actriz de cinema (2013) Premio cosmopolitan Fun Fearless Female á mellor actriz de cinema (2012) Premio Gredos (2012) Premio Augurio Sita Murt no Zoom Festival Europeo de Cine para a Televisión (2010) Mellor actriz no Festival Screamfest de California (EUA) por El rey de la montaña (2008) Traxectoria nova no X Festival de Albacete- Abycine, (2008) Halcón Maltés nos XVII Premios Turia como mellor actriz por Ladrones (2008) Mellor actriz por Ladrones no XIV Festival internacional de cinema Mediterráneo de Tetuán (Marrocos), (2008) Mellor actriz revelación de cinema, Premios Pétalo, Cosmopolitan TV (2007) Mellor actriz, IV Premios Top Glamour (2006) Recoñecemento como Nova actriz promesa no VI Festival "Mujeres de Cine" de Granada (2006) Rostro máis fermoso do cinema español de Max Factor no Festival Internacional de Cine de Donostia (2005) Rostro máis fermoso do cinema español da Revista Glamour (2004) Premio Revelación do Círculo de Escritores Cinematográficos (CEC) por La flaqueza del bolchevique (2003) Premio Tentaciones (El País) por La flaqueza del bolchevique (2003) Mellor actriz revelación por La Gaceta Universitaria EME por La flaqueza del bolchevique (2003)

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1987