Teopompo, nado en Quíos no -380 e finado en -323 foi un historiador grego, posibelmente o máis importante do século -IVRoussel, Denis: Os historiadores gregos páx. 137. Traxectoria Naceu na illa de Quíos, no Exeo. O seu pai, Damisístrato, deulle unha educación esmerada. Nas discordias entre Tebas, Atenas e Esparta, a súa familia pronunciouse por Esparta, o que motivou a saída da súa terra. Sábese que en Atenas asistiu á escola de Isócrates. Fixo numerosas viaxes para documentar as súas obras. A máis importante é as Filípicas, formado por 58 libros, centrado na historia de Filipo II de Macedonia. Na súa obra predomina un estilo moralista, distiguíndose pola súa crítica á vida privada de Filipo á vez que apoiaba as súas accións políticas. Recibiu influencias de Heródoto, Isócrates e AntístenesMomigliano, Arnaldo: A historiografía grega páx. 173.

Perdeuse todo o seu traballo, pero é coñecido polas longas citas que fan del outros autores. Ademais das Filípicas escribiu unhas Helénicas, continuación da obra de Tucídides, que abarca desde o -410 ata a batalla de Cnido. As Helénicas, parecen ser de menor importancia a tenor do pouco citada que é, propia da etapa inicial do autor. Sobre esta obra, o experto en historiografía Arnaldo Momigliano declara que Momigliano destaca en Teopompo a superación ao modelo de Tucídides. A entrada de Filipo invalida o esquema Esparta-Atenas, debendo adecuar os modelos históricos á nova realidade política. Tamén escribiu unha Diatriba contra Platón e uns Panexíricos. Segundo Dionisio de Halicarnaso, non só foi un gran historiador, senón un orador excelente e un dos discípulos que honraron máis a escola de Isócrates.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Fragmentos da obra de Teopompo. Texto francés, con introdución e anotacións neste idioma, no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011): trad. de Eugène Cavaignac (1876 - 1969); ed. de 1912, en París.

Categoría:Historiadores da Grecia antiga Categoría:Nados en -380 Categoría:Finados en -323 Categoría:Personalidades de Quíos na Antigüidade