Clarens é unha pequena vila do concello de Montreux, no cantón de Vaud (Suíza).
Clarens fíxose famosa en Europa polo grande éxito do libro La Nouvelle Héloïse de Jean-Jacques Rousseau.
En Clarens, o compositor ruso Igor Stravinskii escribiu os seus ballets Le Sacre du printemps e Pulcinella, e en marzo de 1878, Tchaikovski o seu Concerto para violín''.
Paul Kruger, heroe da independencia de Suráfrica do Reino Unido, morreu nesta localidade. Por este motivo, unha vila de Suráfrica recibiu o seu mesmo nome.
O anarquista e xeógrafo Élisée Reclus residiu en Clarens.
O escritor Vladimir Nabokov está enterrado na vila.
O escritor, diplomático e parlamentario escocés do século XIX David Urquhart de Braelangwell, que introduciu o baño turco no Reino Unido, está enterrado en Clarens.Robinson, Gertrude (1920) David Urquhart: Some Chapters in the Life of a Victorian Knight-Errant of Justice and Liberty.
Clarens conta cunha estación ferroviaria na que fan parada trens de proximidades da rede 'RER Vaud'.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Castelo de Crêtes Île de Salagnon
Categoría:Localidades de Vaud