Armando Cotarelo Valledor, nado na Veiga (Asturias) o 28 de decembro de 1879 e finado en Madrid o 8 de decembro do ano 1950, foi un dramaturgo e escritor galego. En 1984 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Traxectoria Era fillo do erudito Emilio Cotarelo. Estudou Filosofía e Letras en Madrid, doutorándose en 1904 cunha tese sobre a literatura galega medieval. Ese mesmo ano foi nomeado Catedrático de Lingua e Literatura españolas na Universidade de Santiago de Compostela, onde chegou a ser vicerreitor e decano. Casou coa compostelá María Botana Sieiro.

En 1907 deu o discurso de apertura do curso universitario 1907-1908 da Universidade de Santiago de Compostela coa lectura de "La leyenda de doña Estefanía la desdichada".

Foi un dos promotores da Exposición Rexional de 1909 e da Exposición de Arte de 1926. Creou e dirixiu a revista Ultreya, activa entre 1919 e 1920. En 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega (aínda que non chegou a tomar cargo), á que representou na Real Academia Española en 1929 xunto con Ramón Cabanillas. En 1942 foi elixido membro da Real Academia da Historia., Alfonso. "Armando Cotarelo Valledor" Diccionario Biográfico Español. Real Academia de la Historia . Participou no movemento galeguista e foi membro activo das Irmandades da Fala. Foi membro fundador, primeiro presidente do Seminario de Estudos Galegos (1923-1925) e a persoa quen lle deu nome ao seminarioTobío, Lois: As décadas de TL, Ediciós do Castro, 1994, páxinas 124. En 1925 trasladouse a Madrid como catedrático da Universidade, deixando a presidencia do Seminario. Durante a República, continuou publicando obras de teatro en galego e traballos de historia e de literatura galega e española, como os dedicados ao rei Afonso III ou a edición do Cancioneiro de Paio Gómez Chariño. 184px 175px Lubicán, de Armando Cotarelo y Valledor, 1924, e Ruinas, deRosalía de Castro, ed. de 1928, con prólogo de Armando Cotarelo Valledor. Durante a guerra civil española o autor apoiou a dereita sublevada.

Estudou a literatura galega medieval, sendo un dos precursores en Galicia neste aspecto. Se ben os seus estudos teñen unha sólida formación e documentación histórica, o seu criterio filolóxico e estudo literario é máis febleIntrodución de Henrique Monteagudo en COTARELO VALLEDOR, A.: Cancionero de Payo Gómez Chariño. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1984..

Obra Teatro No eido do teatro foi continuador da liña ruralista. Abrangue o drama rural (Trebón, O lubicán) e de ambiente mariñeiro (Beiramar, Mourenza); a comedia sentimental (Sinxebra) e a traxedia histórica (Hostia). Agás Mourenza (estreada en Madrid en 1932) e Hostia, todas as pezas foron estreadas en Santiago de Compostela polo Cadro Dramático da Universidade con dirección do propio autor.

Trebón (1922). Sinxebra (1923; bilingüe). Lubicán (1924), ilustrado por Camilo Díaz Baliño. Estreada con Fermín Bouza-Brey e Olimpia Valencia nos papeis principais. Hostia (1926)., Xabier: Hostia en Os libros de Ánxel Casal, 19/11/2012. Beiramar (1931). Mourenza (1931; bilingüe). Estreada en Madrid en 1932. Ultreya, libreto de ópera (1935; bilingüe). Érase una vez un rey... (en castelán, inédita ata 1992) 220px Contos de Nadal. Lar. 1927 Narrativa Palladys Tyrones (1919) (parte II da triloxía Memorias de un escolar de antaño 1808-1809. En castelán.) La enseña radía (1921) (parte I da triloxía Memorias de un escolar de antaño 1808-1809. En castelán.) El Pazo (1923). Novela bilingüe. Contos de Nadal colleitos do pobo (1927). Relatos curtos. Literatura popular.

Poesía Cancioneiro da agulla enxergado con doas do pobo (1931).Cancioeiro da Agulla enxergado con doas do pobo en Galiciana.

Ensaio Biografía del doctor D. Francisco Codera (Madrid, 1898). La Exposición Rosales (Madrid, 1902). Fray Diego (Madrid, 1902). Una cantiga célebre del rey Sabio: fuentes y desarrollo de la leyenda de Sor Beatriz, principalmente de la literatura española (Madrid, 1904). miniatura|page=5|Una cantiga célebre del Rey Sabio. La belleza femenina en las obras de Cervantes (Santiago de Compostela, 1905). Don Melendo García de Valdés, XX Obispo de Osma (1210-1225) (Santiago de Compostela, 1908). El teatro de Cervantes. estudio crítico (Madrid, 1915). Premio «Alba» da RAE en 1912. Vida militar, política y literaria de Alfonso III el Magno (Madrid, 1916). Los cristianos españoles ante la invasión musulmana. 711-716 (Santiago de Compostela, 1919). Argonautas gallegos. 1519-1522 (Santiago de Compostela, 1920). Payo Gómez Chariño, Almirante y Poeta (1929; texto de ingreso na RAE). Los hermanos Eáns Mariño, poetas gallegos del S. XIII (Madrid, 1933). Historia crítica y documentada de Alfonso III, el Magno, último rey de Asturias (Madrid, 1933). "Encol do nome de Martín Códax" (1933; artigo na revista Nós nº 109). Cancionero de Payo Gómez Chariño (Madrid, 1934). El Seminario de Educación de la Vega de Ribadeo, hoy Vegadeo, y su Fundador, D. Jacinto Valledor y Presno, Obispo de Osma (Madrid, 1950). "La poesía del mar en el Cancionero de la Vaticana" (1970; artigo na revista Grial nº 30).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

et al.

Ligazóns externas "Armando Cotarelo Valledor" na páxina web da Real Academia Galega. na Biblioteca Virtual Galega. Enciclopedia da Historia da Literatura Galega da Asociación Socio-Pedagóxica Galega

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Día das Letras Galegas Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1950 Categoría:Nados na Veiga, Asturias Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Académicos da Real Academia Española Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Bibliófilos Categoría:Dramaturgos do século XX