Walter Brandmüller, nado o 5 de xaneiro de 1929 en Ansbach (Alemaña), é un cardeal da Igrexa Católica, Presidente emérito da Comisión Pontificia para as Ciencias Históricas.
Traxectoria Walter Brandmüller naceu o 5 de xaneiro de 1929 en Ansbach, unha pequena cidade de Franconia (hoxe na Franconia Central, Baviera). Estudou Filosofía e Teoloxía na Escola Superior Filosófica e Teolóxica de Bamberg, e o 26 de xullo de 1953 foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Bamberg polo arcebispo Joseph Otto Kolb. Entre 1953 e 1957 levou a cabo a súa actividade pastoral na igrexa de San Xoán, en Kronach, e posteriormente até 1960 na de San Martiño de Bamberg.
Doutorouse en Teoloxía en 1963 pola Universidade de Múnic. Entre 1969 e 1971 foi profesor de Historia eclesiástica e Patroloxía na Escola Superior Filosófica e Teolóxica de Dillingen, e entre 1971 e 1997 compaxinou o labor de párroco en Walleshausen e a de profesor de Historia eclesiástica moderna e medieval na Universidade de Augsburgo. Na súa traxectoria académica, destaca como especialista na historia dos concilios, e é fundador e editor da revista Annuarium conciliorum historiae (dende 1969 até a actualidade) e da serie Konziliengeschichte (dende 1979), e publicou tamén os tres volumes de Handbuch der bayerischen Kirchengeschichte (Manual da historia da Igrexa bávara).
En 1981 foi nomeado membro da Comisión Pontificia para as Ciencias Históricas, e o 4 de xuño de 1998 foi nomeado presidente da devantida comisión, cargo no que permaneceu até o seu retiro o 3 de decembro de 2009. Tamén dende 1997 é coéngo do capítulo da Basílica de San Pedro.
O papa Bieito XVI quíxoo crear cardeal, polo que o 4 de novembro de 2010 nomeouno arcebispo titular de Caesarea in Mauretania. Recibiu a consagración episcopal o 13 de novembro, de mans do cardeal Raffaele Farina. No consistorio do 20 de novembro de 2010, o papa creouno cardeal, co título de Cardeal-Diácono de San Giuliano dei Fiamminghi.
Obra
Obras colectivas
Premios e distincións O 17 de xullo de 1983 foi nomeado Prelado de Honra da Súa Santidade. O 22 de xullo de 1990 foi condecorado coa Orde ao Mérito da República Federal de Alemaña polo presidente Richard von Weizsäcker.
Categoría:Nados en 1929 Categoría:Nados en Ansbach Categoría:Bispos católicos de Alemaña Categoría:Cardeais de Alemaña Categoría:Cardeais creados por Bieito XVI Categoría:Escritores de Alemaña Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Alumnos da Universidade de Múnic Categoría:Historiadores de Alemaña Categoría:Profesores da Universidade de Augsburgo Categoría:Escritores de literatura relixiosa Categoría:Historiadores de Historia da relixión Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XXI