A praia da Cuncheira atópase na vila de Baiona, na provincia de Pontevedra.
Xeografía e historia Ten 50 metros de largo, e atópase no final da costa rochosa, na península de Monterreal. A súa area é algo grosa, formada por cunchas sen sedimentar.
Nela celebrábase antigamente, a véspera da noite de San Xoán, o baño das nove ondas, rito relacionado coa fertilidade.
Balneario miniatura|esquerda En tempos, houbo un balneario moi famoso e moi efectivo a partir de algas. Segundo di este refrán:
Adeus Cuncheira queridiña, algas, auga e canto ti tés; cheguei xunto a ti tollidiña e vou sana polos meus pés.
Véxase tamén Outros artigos Praias da provincia de Pontevedra Ligazóns externas Cuncheira en Turgalicia. A Cuncheira na páxina do Concello de Baiona.
Cuncheira