España Democrática foi un periódico editado en Montevideo entre 1937 e 1959.

Historia e características Subtitulado Órgano del Comité N. Pro Defensa de la República Democrática Española, foi fundado en 1937 por un grupo de españois antifascistas. En 1938, cambiou o subtítulo por Órgano del Comité Nacional de ayuda al pueblo español e despois pasou a subtitularse Por la paz, por la democracia, por la independencia de España. Incluíu colaboracións sobre asuntos galegos.

No número 817, de 31 de maio de 1956, dedicado ao I Congreso da Emigración Galega organizado en Buenos Aires, en xullo daquel ano, publicou o manifesto e o programa da asemblea en lingua galega. Tamén publicou en galego un artigo do mestre exiliado Isidoro Cid Rivo e unha entrevista ao escritor Alfonso Gayoso Frías.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega

Categoría:Xornais en lingua castelá Categoría:Xornais do Uruguai Categoría:Cultura de Montevideo