A troponina I, músculo esquelético lento ou troponina I tipo 1 (TNNI1) é unha proteína que nos humanos está codificada no xene TNNI1. É unha das tres isoformas da troponina I; as outras dúas son TNNI2 e TNNI3. Esta isoforma exprésase nos músculos esqueléticos de contracción lenta nos adultos. Únese á actina dos filamentos finos musculares mantendo inhibida a contracción muscular (cando o calcio se une á troponina C esta inhibición desaparece). A troponina é un complexo de tres subunidades: troponina C, I e T.
O seu xene ten 12,5 kb, contén 9 exóns e o seu promotor carece das secuencias típicas TATA ou CCAAT. O promotor está regulado por un amplificador (enhancer) específico do tecido muscular.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Proteínas