A dos xiráfidos (Giraffidae) é unha familia de mamíferos artiodáctilos ruminantes que inclúe dous xéneros con cadansúa especie, distribuídas en África: a xirafa (Giraffa camelopardalis) e o ocapi (Okapia johnstoni).
Características
Constitúen unha familia de ruminantes que se caracterizan por presentaren un revestimento de pel nos cornos, os cales son moi duradeiros.
Non presentan dentes caninos superiores, así como tampouco falsos pezuños laterais.
Outra característica son as súas extremidades posteriores, que son máis curtas que as anteriores.
Clasificación
A familia foi descrita en 1821 polo naturalista británico John Edward Gray,Family Giraffidae Gray 1821 en Fossilworks Paleobiology. e inclúe na actualidade dous xéneros con cadansúa especie.
A estes dous xéneros hai que engadir outros vinte e dous extintos, algúns deles dubidosos.Mikko's Phylogeny Archive - Giraffidae
Especies e subespecies Orde Artiodactyla Suborde Ruminantia Infraorde Pecora Familia Giraffidae Giraffa Giraffa camelopardalis camelopardalis Giraffa camelopardalis angolensis Giraffa camelopardalis antiquorum Giraffa camelopardalis giraffa Giraffa camelopardalis peralta Giraffa camelopardalis reticulata Giraffa camelopardalis rothschildi Giraffa camelopardalis thornicrofti Giraffa camelopardalis tippelskirchi Okapia Okapia johnstoni (okapi)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A. Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2. Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9. Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.
Ligazóns externas Giraffidae en ADW. Giraffidae en Tree of Life Giraffidae no SIIT
Categoría:Ruminantes