miniatura|Parella de luvas, 1603-1625 V&A Museum no.1506&A-1882 Unha luva, ou guante, é unha peza de vestiario para cubrir a man. Polo xeral, as luvas cobren cada dedo por sepado. Hai dous tipos peculiares de luva: a manopla, que só ten cobertura independente para o dedo polgar. a mitena, luva sen dedos ou cortada a medio dedo.

Os materiais de confección varían segundo a función e poden incluír algodón, la, pel ou látex, entre outros.

Etimoloxía O substantivo luva deriva do termo da lingua gótica lofa que significaba 'palma da man'.

Historia As referencies escritas das luvas datan da Grecia antiga, onde eran vestidas para protexer as mans na navegación e na guerra.The History of Herodotus by Herodotus, Volume VI, a classics.mit.edu Igualmente, os pobos xermánicos aparecen retratados con luvas para protexerse do frío.

Na Idade Media comezaron a asociarse coa elegancia e o luxo, xa que o portador podía levar teas caras e amosar pel sen marcas, a diferenza dos traballadores manuais de clase baixa. As mulleres incorporaron luvas máis afíns ós seus ornamentos cara ó século XIII,"Gloves." Encyclopædia Britannica Eleventh Edition os deseños complicáronse, e tamén se engadiron fíos de materiais preciosos e xoias, especialmente a realeza.

A finais da Idade Moderna nacen as luvas de traballo, como os de xardinaría, que continuaron usándose en ámbitos profesionais e deportivos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Luvas de boxeo Bibliografía ROCAMORA, Manuel; TOMÀS, Pilar. Museo de Indumentaria. Colección Rocamora. Concello de Barcelona. Delegación de Servizos de Cultura. Museos de Arte, Barcelona, 1970, p. 221 MARTÍN ROS, Rosa M., Guantes episcopales a: RODRÍGUEZ BERNIS, Sofía (ed.). El Quijote en sus trajes. Secretaría General Técnica, Subdirección General de Publicaciones, Información y Documentación, Madrid, 2005, p. 164

Categoría:Vestimenta Categoría:Seguridade