Nerea Barros Noya, nada en Santiago de Compostela o 12 de maio de 1981, é unha actriz galega.

Traxectoria Foi enfermeira de pediatría no CHUS, traballo que compaxinaba con pequenos papeis como actriz de cine e teatro. Debutou no cine en 1997, no filme Nena, de Xavier Bermúdez, co que volveu traballar en 2008 no filme Rafael, nun papel polo que foi nomeada como mellor actriz na 8ª edición dos Premios Mestre Mateo. No ano 2009 obtivo o seu primeiro papel relevante na pequena pantalla, interpretando a Sandra na serie de éxito da TVG Matalobos. En 2013 interpretou xunto a Ernesto Chao o filme O ouro do tempo e deuse a coñecer fóra de Galicia ao aparecer en dúas series de Antena 3: El secreto de Puente Viejo e El tiempo entre costuras.

En 2014 interpretou a Rocío no filme La isla mínima, papel que lle valeu o Premio Goya á mellor actriz revelación. A continuación participou nas series El Príncipe, Hospital Real e Apaches, así como no filme A estación violenta, de Anxos Fazáns, papel polo que recibiu o seu terceiro nomeamento aos Premios Mestre Mateo. En 2018 interpretou a Pamela na primeira tempada da serie O sabor das margaridas.

Filmografía Televisión MIR (2007) en Telecinco, como Nerea. O Nordés (2009) na Televisión de Galicia. Matalobos (2009-2010) na Televisión de Galicia, como Sandra. Padre Casares (2012) na Televisión de Galicia. El secreto de Puente Viejo (2013) en Antena 3. El tiempo entre costuras (2013) en Antena 3, como Beatriz Oliveira. El Príncipe (2015) en Telecinco. Hospital Real (2015). Apaches (2018) en Antena 3, como Silvia. Ultimo - Caccia ai Narcos (2018) en Canale 5, como Laura Aguilar. O sabor das margaridas (2018) na Televisión de Galicia, como Pamela. Días de Navidad (2019) en Netflix, como Valentina. Desaparecidos (2020) en Telecinco, como Rosa. 3 camiños (2021) en Netflix, como Antía. La novia gitana (2022) en Antena 3, como Elena Blanco. Operación Marea Negra (2022-2024) en Netflix, como Gema Barreira Costa.

Cine Nena (1997) como Eli. Bellas durmientes (2001) como Jane. León e Olvido (2004) como dependenta. Rafael (2008) como Aurora. Volver a casa (2010). O ouro do tempo (2013). La isla mínima (2014) como Rocío. Os fenómenos (2014). Mapa de recuerdos de Madrid (2014) como Nerea. La isla mínima (2014) como Rocío. Sol y Luna (2016) como Sol. A estación violenta (2017) como Claudia. A illa das mentiras (2020) como María. Voces (2020) como Sofía.

Galardóns e nomeamentos

Premios Goya Ano Categoría Filme Resultado2014Mellor actriz revelaciónLa isla mínimaGañadora

Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2009Mellor actrizRafaelNomeada2014Mellor actrizO ouro do tempoNomeada2017Mellor actrizA estación violentaNomeada

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Nerea Barros en AVG

Categoría:Actores de Santiago de Compostela Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1981 Categoría:Enfermeiros de Galicia