Alicia Carolina Estévez Toranzo, nada en Pontevedra o 20 de novembro de 1955, é unha científica galega, especializada en ictiopatoloxía, ou patoloxías que afectan os peixes.
Traxectoria Licenciouse en Bioloxía en 1977, con premio nacional fin de carreira ao mellor expediente, e en Farmacia en 1979, pola Universidade de Santiago de Compostela,«A las mujeres nos falta entrar en el campo de la tecnología». La Voz de Galicia, 10-12-2017. e fixo o seu doutoramento na Facultade de Bioloxía da mesma Universidade, coa lectura, en 1980, da tese "Supervivencia de enterovirus y virus de peces salmónidos en el medio acuático: inactivación de polio 1 por bacterias mariñas produtoras de antibiótico", dirixida polo doutor Benito Regueiro Varela.
Nas súa pallabras, sempre di «que é doutora en Bioloxía e licenciada en Farmacia».
Alicia Estévez continuou profesionalmente as súas tarefas docentes e investigadoras na universidade compostelá, onde chegou a ser catedrática de Microbioloxía en 1991.
Nos seus traballos estudou as patoloxías dos peixes e dos moluscos que teñen aproveitamento en acuicultura, dende a detección de enfermidades bacterianas ata a vacinación e o tratamento.
Entre 2004 e 2013 foi directora do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía e dende 1999 coordina o programa de doutoramento en Avances en bioloxía microbiana e parasitaria.
É codirectora do Grupo de Patoloxía en Acuicultura da USC, promoveu unha decena de patentes de vacinas que preveñen enfermidades en peixes de consumo diario,6 inventos, patentes y modelos de Entévez Toranzo, Alicia en Patentes.com. Consultado o 06-08-2018. e é, ademais, membro da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia.
Na actualidade, o seu grupo de investigación está a traballar nun proxecto que estuda a influencia do cambio climático na aparición de enfermidades nos peixes, porque a subida da temperatura «lles gusta aos patóxenos, baixa a salinidade, os peixes estrésanse e baixan as súa defensas».
En 2014 ingresou como académica da Real Academia Galega de Ciencias, a segunda muller en facelo en toda a historia logo de Pilar Fernández Otero. Ademais, o 13 de decembro de 2017 ingresou na Real Academia de Farmacia de GaliciaDra. Alicia Estévez Toranzo en "Académicos de número", Web da Real Academia de Farmacia de Galicia. Consultada o 06-08-2018. co discurso Acuicultura sostenible: de la quimioterapia a la vacunación.Alicia Estévez analiza el uso de vacunas en acuicultura sostenible . El Correo Gallego, 14-12-2017. Consultado o 06-08-2018. Desde 2018 a doutora Alicia Estévez forma parte do plenario do Consello da Cultura Galega, en representación da Real Academia Galega de Ciencias.
É autora de 272 artigos, a maioría publicados en revistas do Science Citation Index (SCI), así como de 22 capítulos de libros.
É inventora de oito patentes de uso en Acuicultura (vacinas, probióticos e procedementos de diagnose).
Leva participado en 46 proxectos de investigación e desenvolvemento estatais, europeos e autonómicos así como en 15 de desenvolvemento tecnolóxico financiados por entidades públicas e privadas.
Impartiu 48 conferencias nacionais e internacionais en congresos, mesas redondas e obradoiros ademais participar no comité de expertos nacional e internacional en diferentes comisións de avaliación de proxectos.
É membro activo de dez sociedade científicas e da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia.
En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.
Obras No período entre 1980 e 2016 publicou tres libros, un capítulo nun libro colectivo e catro artigos en revistas científicas.
Libros 1980 - Supervivencia de enterovirus y virus de peces salmonidos en el med. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. ISBN 978-84-7191-222-0. 1982 - Supervivencia de patógenos bacterianos y virales de peces en sistemas de cultivo. Madrid: Fundación Juan March. ISBN 84-7075-262-6.Alicia E. Toranzo en Dialnet. 2017 - Acuicultura sostenible: de la quimioterapia a la vacunación. Santiago de Compostela: Nino Centro de Impresión Digital. ISBN 978-84-947381-2-8.Web da Editorial.
Colaboracións en obras colectivas 2015 - "Caracterización del proteoma de Edwardsiella tarda cultivada en diferentes condiciones de disponibilidad de hierro", con Noemí Buján, José Antonio Reales Calderón, Lucía Monteoliva, Concha Gil e Beatriz Magariños Ferro, en Avances en microbiología. Elena González Fandos (ed.), Logroño: Universidade da Rioxa, Servizo de Publicacións, ISBN 978-84-606-8181-6, páxs. 144-145. Avances en microbiología . Biblioteca Nacional de España.
Artigos en revistas 1985 - "Antibiotic activity of epiphytic bacteria isolated from intertidal seaweeds". Con Manuel Luis Lemos Ramos e Juan Luis Barja Pérez. Microbial ecology, Vol. 11, Nº 2, páxs. 149-163. (Resume) 2005 - "Iron Uptake Mechanisms in the Fish Pathogen Tenacibaculum maritimum". Con Beatriz Magariños, Manuel Luis Lemos Ramos, Jesús López Romalde e Rubén E. Avendaño-Herrera. Applied and Environmental Microbiology, Vol. 71, Nº 11, páxs. 6947-6953. ((Ler texto completo ). 2009 - "Avances en el conocimiento del patógeno emergente de rodaballo Edwardsiella tarda". Con Nuria de Castro-Acuña Iglesias, e Beatriz Magariños Ferro. Revista Real Academia Galega de Ciencias, Nº 28, páxs. 215-282. (Ler texto completo). 2014 - "A multiplex PCR for the simultaneous detection of Tenacibaculum maritimum and Edwardsiella tarda in aquaculture". Con Nuria Castro Iglesias e Beatriz Magariños Ferro. International microbiology: official journal of the Spanish Society for Microbiology, Vol. 17, Nº 2, páxs. 111-117. (Ler texto completo).
Teses dirixidas A doutora Alicia Estévez dirixiu 16 teses de doutoramento.
Recoñecementos 1977 Premio nacional fin de carreira ao mellor expediente en Bioloxía. 1993 Premio Jaime Ferrán da Sociedade Española de Microbioloxía. 2006 Título de Excelencia galega en Investigación da Asociación de Empresarios galegos en Cataluña. 2018 Bióloga do ano polo Colexio de Biólogos de Galicia.El Colegio de Biólogos de Galicia otorga la distinción de Biólogo del Año a Alicia Estévez Toranzo. En IPac. Acuicultura. 2018 Premio María Wonenburger.
Notas
Véxase tamén Outros artigos A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks).
Ligazóns externas Alicia Estévez Toranzo, microbióloga. En Mujeres con Ciencia . Alicia C. Estévez Toranzo en Xunta de Galicia. Mulleres en Galicia. «A las mujeres nos falta entrar en el campo de la tecnología». La Voz de Galicia, 10-12-2017. Alicia Estévez Toranzo explica en la Casa de Galicia la importancia de la prevención de enfermedades y la vacunación en Acuicultura Goberno de España. Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente. Observatorio Español de Acuicultura. Alicia Estévez advierte del riesgo para el talento por la falta de financiación estable. Faro de Vigo, 25-09-2014. "La acuicultura puede tener mala fama, pero una ternera es de granja y no se dice lo mismo". Diario de Pontevedra, 06-08-2018. Entrevista de Santiago I. Casal en Cultura Galega. Entrevista de Mila Alonso en Gciencia. Entrevista
Categoría:Biólogos de Galicia Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Membros da Real Academia de Farmacia de Galicia Categoría:Membros da Real Academia Galega das Ciencias Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1955 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela