La República foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1911.

Historia e características Órgano do Partido Republicano de Santiago de Compostela, apareceu o 14 de outubro de 1911. Fundado por César Alvajar, estaba dirixido por Manuel de Pedre Prego. O redactor-xefe era Xaime Quintanilla Martínez, e os outros redactores o propio César Alvajar e Ramón Fernández Mato. Editábase na imprenta de El Eco de Arosa de Vilagarcía e a partir do número 6 pasou á imprenta viguesa de A. Fariña. Foi denunciado polo Fiscal Eclesiástico en novembro de 1911 por escarnio á Relixión e ao dogma católico,Noticiero de Vigo, 13-11-1911, p. 3. sufriu rexistro e incautación de exemplares.Diario de Galicia, 22-11-1911, p. 2.. Parece que cesou a súa publicación co número 8, que apareceu o 10 de decembro.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Pereira Martínez, Carlos (4/4/2017). "Un mestre republicano: Manuel de Pedre Prego" Terra e Tempo.

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1911 en Galicia Categoría:Prensa republicana