Ángela Iglesias Rebollar, alcumada A Protestante, nada en Tui ou na Guarda cara a 1910 ou 1911Faleceu aos 26 anos de idade. e finada o 11 de abril de 1937 en Vigo, foi unha muller asasinada durante a Guerra Civil Española.
miniatura|NA MEMORIADOS HOMES E MULLERESDE TEIS ASASINADOS EREPRESALIADOS DURANTEA DITADURA FASCISTA(1936-1975) POLADEFENSA DA DEMOCRACIA E DOSINTERESES POPULARESNESTE LUGAR FORON ASASINADOSÁNGELA IGLESIAS REBOLLAR EJOSÉ NIEBLA GARCÍA 11-04-1937TEIS, 25 DE DECEMBRO DE 2008
Traxectoria Estaba casada con José Niebla García, con quen tiña dous fillos, José e Eliseo, e esperaba un terceiro. Evanxélicos e acusados de dar refuxio aos fuxidos do réxime, o 11 de abril de 1937 asaltaron e saquearon a súa casa do Toural, Teis, queimando os seus bens e incautando unha máquina de coser. Os fillos foron separados do matrimonio, que foi paseado ata o cumio do monte da Guía, onde os executaron a tiros.Ángela Iglesias Rebollar e José Niebla García
Recoñecementos
O 31 de marzo de 2008 o concello de Vigo púxolle o seu nome a unha rúa. Notas
Véxase tamén
Outros artigos Vítimas da Guerra Civil en Galicia
Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados na provincia de Pontevedra Categoría:Nados no século XX Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia