Alfonso Díaz Revilla, nado o 1 de maio de 1958, é un arquitecto e urbanista galego.

Traxectoria Alfonso Díaz Revilla estudou a carreira de arquitectura nas escolas de Barcelona e A Coruña, especializándose en urbanismo.

En 1978 fundou na Coruña, xunto cos arquitectos Juan Luis Dalda e José Díaz Sotelo, e o economista Ánxel Viña Carregal, o gabinete Oficina de Planeamiento S.A., co que participou na elaboración de plans e proxectos urbanísticos nas principais cidades de Galicia. Redactaron planeamento urbanístico municipal para os concellos de Ferrol, Oleiros, Vigo e Santiago de Compostela, entre outros.

Recibiu o Premio Europeo de Urbanismo 1997 - 1998 polo Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago de Compostela.

Notas

Categoría:Nados en 1958 Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX