Moimenta e Montouto é unha freguesía do concello de Vinhais no distrito de Braganza. É unha freguesía creada logo da reorganización administrativa de 2012/2013, ao unirse as antigas freguesías de Moimenta e Montouto. Forman parte da freguesía as aldeas de Montouto, Carvalhas, Casares, Cerdedo, Landedo, Moimenta e Vilarinho das Touças.
Nesta freguesía sitúase un dos contrafortes do Penedo dos Tres Reinos, que outrora marcaba a fronteira entre os Reinos de Portugal, León e Galicia.
Na aldea de Carvalhas localízase un antigo paso fronteirizo de Portugal con España, onde aínda se erguen en ambos os lados da raia os antigos postos dos gardas fronteirizos.
Patrimonio Igrexa de San Pedro ou Igrexa Matriz de Moimenta.
Categoría:Freguesías do distrito de Braganza