Os petalodontiformes (gr. "dentes en forma de pétalo") son unha orde extinta de holocéfalos, parentes distantes das actuais quimeras. Os seus fósiles foron atopados nos Estados Unidos e Europa. Con moi poucas excepcións, só se coñecen os dentes. Viviron do Carbonífero ao Permiano e desapareceron na extinción masiva do Permiano-Triásico, hai 251 millóns de anos.
Eran animais mariños; os dous xéneros máis coñecidos son Belantsea do Carbonífero de Montana e Janassa do Permiano de Europa, dos cales se encontraron exemplares completos.
Familias Os petalodontiformes divídense en catro familias:Mikko's Phylogeny Archive - Petalodontiformes Janassidae Pristodontidae Petalodontidae Belantseidae
Notas