Lady and the Tramp é un filme de animación de comedia musical romántico estadounidense do ano 1955 producido por Walt Disney e estreado o 22 de xuño de 1955. O décimo quinto filme na serie de clásicos animados de Disney, foi o primeiro en ser rodado no proceso CinemaScope. Baseado en Happy Dan, The Whistling Dog de Ward Greene, Lady and the Tramp conta a historia dunha cadela da raza cocker spaniel americano chamada Lady que vive no fogar dunha familia rica, e un masculino can mestizo da rúa chamado Tramp. Cando os dous cans se atopan, eles embarcan moitas aventuras románticas. Unha secuela estreada en vídeo, Lady and the Tramp II: Scamp's Adventure, foi estreada no 2001.

Sinopse Lady é unha fermosa cadela de pura raza que vive feliz no seu fogar. Os seus donos mímana moito e ela corresponde moi leda ós seus coidados. Porén, o día no que os seus donos deciden facer unha viaxe, a vida de Lady vese alterada; a chegada da tía Sarah cos seus gatos non provoca máis que sobresaltos. Menos mal que coñece a Tramp, un can da rúa moi galán.

Personaxes Barbara Luddy como Lady Larry Roberts como Tramp Bill Thompson como Jock, Joe, Bulldog, Dachsie, Policeman Bill Baucom como Trusty Verna Felton como Tía Sarah George Givot como Tony Lee Millar como Jim Dear Peggy Lee como Darling, Si e Am, Peg Stan Freberg como castor Alan Reed como Boris Thurl Ravenscroft como Al o crocodilo Dallas McKennon como Toughy, Pedro, Profesor, Hiena The Mellomen como Coro de cans

Galardóns e nomeamentos 1955: Premios David di Donatello: Mellor produción estranxeira. 1955: BAFTA: Nomeado a mellor filme de animación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1955 Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Clyde Geronimi Categoría:Filmes dirixidos por Wilfred Jackson Categoría:Filmes dirixidos por Hamilton Luske Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes sobre cans Categoría:Filmes ambientados en 1909 Categoría:Filmes ambientados en 1910