480px|miniatura|Localización dos maiores montes submarinos do mundo.
Un monte submarino é unha montaña que se eleva do fondo do océano, pero que non chega a sobresaír do nivel do mar.
Definición e características miniatura|260px|Formación de montes submarinos e illas como consecuencia de subdución, en Honshu (Xapón).
Os oceanógrafos definen os montes submarinos como estruturas independentes que se elevan polo menos 1000 m sobre o fondo oceánico.
Os montes submarinos formánronse pola acción de volcáns actualmente extintos, que os fixeron emerxer abruptamente. Usualmente encóntranse no leito mariño entre os 1.000 e os 4.000 m de profundidade.
As súas cimas están a miúdo entre os centos e miles de metros por debaixo da superficie, polo que se considera que xacen en mares profundos.Nybakken, James W. & Bertness, Mark D. (2004): Marine Biology: An Ecological Approach. 6ª Ed. San Francisco, California: Benjamin Cummings. ISBN 978-0-8053-4582-7.
Estímase que hai cerca de 30.000 montes submarinos nos mares da Terra, dos cales só uns cantos están estudados.
A maioría deles agrúpanse en pequenos conxuntos, formando uns a xeito de arquipélagos somerxidos.
Cómpre non confundilos cos guyots.
Importancia ecolóxica e recursos naturais miniatura|260px|Esquema batimétrico dun monte submarino: o Davidson Seamount).
Os montes submarinos tenden a proxectarse en zonas pouco profundas e moi propicias para a vida mariña, subministrando hábitats para especies que non se encontran en sectores máis profundos do leito mariño. Debido a que estes montes están illados os uns dos outros, forman "illas submarinas", creando unha zona bioxeográfica especial.
Como están formados a partir de rochas volcánicas, o substrato é moito máis pesado que o leito de sedimentos que o rodea, o que provoca a existencia dun diferente tipo de fauna que a do resto do relevo oceánico, o que comporta a un alto nivel de endemismos.
Ademais, os montes submarinos son vitais puntos de estancia para algúns animais migratorios, como as baleas, que alí poden alimentarse e esconderse de depredadores.
Por outro lado, os montes submarinos posúen incrustacións polimetálicas, e algúns son ricos en metais como cobalto e platino, aínda que a explotación destes recursos é reducidísima.
Maiores concentracións no mundo Os principais montes submarinos, en orde ao seu tamaño e proliferación, encóntranse no océano Pacífico, maioritariamente nas costas de Hawai, no golfo de Alasca, na fosa chileno-peruana e no mar de Coral.
Noutros océanos hai concentracións de montes submarinos nas costas de Escocia, nas do centro do Brasil, nas das illas Azores e as Canarias, e no Atlántico sur.
En Galicia Nas augas próximas a Galicia ten sona o denominado banco de Galicia, situado a uns 200 km ao oeste de Fisterra.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Keating, B. H.; Fryer, P.; Batiza, R. & Boehlert, G. W., eds. (1987): "Seamounts, islands and atolls". Geophys. Monogr. 43 :319-334. Koslow, J. A. (1997): "Seamounts and the ecology of deep-sea fisheries". Am. Sci. 85: 168-176. Menard, H. W. (1964): Marine Geology of the Pacific. International Series in the Earth Sciences. Mew York, NY: McGraw-Hill.
Outros artigos Banco de Galicia (oceanografía) Dorsal oceánica Guiot Volcán submarino
Ligazóns externas SeamountsOnline Bases de datos sobre os montes submarinos Volcanic History of Seamounts in the Gulf of Alaska (Historia volcánica dos montes submarinos do golfo de Alasca) Seamount Oasis
Categoría:Oceanografía Categoría:Montes submarinos