O emblema de Guatemala é un dos símbolos nacionais do país. Foi creado polo Decreto Executivo No. 33 do 18 de novembro de 1871, sendo presidente da República o xeneral Miguel García Granados.

Componse pola ave nacional de Guatemala, o Pharomachrus mocinno, símbolo da liberdade; un pergameo coa data na que América Central se independizou de España, o 15 de setembro de 1821; dous rifles Remington cruzados con cadansúa baioneta, que indican a vontade de defender os intereses de Guatemala por medio da forza se fose necesario; dúas espadas cruzadas, que simbolizan a honra; e unha coroa de loureiro que simboliza a vitoria e a paz preferida sobre a guerra.

Escudos históricos

Categoría:Símbolos de Guatemala Guatemala