Marcial Vázquez Vázquez, nado nos Arcos (Amoeiro) o 25 de outubro de 1882, foi un político galego.

Traxectoria Carpinteiro radicado na parroquia de Fontefría. Integrouse na primeira Agrupación Socialista de Amoeiro, que se constituíu en abril de 1930. Na Segunda República foi concelleiro de Amoeiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 os falanxistas levárono co seu irmán Sindo ao Pazo de Miranda coa intención de trasladalos posteriormente ao cárcere de Celanova e matalos. Salváronse grazas á intervención do propietario do pazo, Antonio Miranda Cabo, que intercedeu por eles ante o Gobernador Militar de Ourense Luís Soto Rodríguez.

Véxase tamén Ligazóns externas Persoeiros da Corporación de Amoeiro na II República: Marcial Vázquez Vázquez, a represión dos irmáns José e Sindo e o martirio de Castor, Pinante e Enrique

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Concelleiros de Amoeiro Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Amoeiro Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes