Augas de Galicia é unha entidade pública e empresarial da Xunta de Galicia que se rexe polo decreto 23/2012. Ata entón estaba formada polo organismo autónomo Augas de Galicia e a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos creados en 1996. Augas de Galicia é a entidade creada para a xestión dos recursos hídricos de Galiza e o seu aproveitamento. Tamén ten funcións de vixilancia da legalidade e proposición de sancións polo incumprimento da normativa. Funcións As funcións de Augas de Galicia baseánse nos seguintes obxectivos:
a) Utilización sustentable e racional da auga e contribución á preservación e mellora do medio ambiente e dos ecosistemas acuáticos. b) Compatibilidade da xestión pública da auga coa ordenación do territorio, actividade económica, conservación e protección do medio ambiente e a natureza. c) Demarcación Hidrográfica da costa de Galicia. d) Participación dos cidadáns, transparencia e información ao público. e) Eficacia na prestación dos servizos públicos de abastecemento, saneamento e depuración. f) Recuperación dos custos dos servizos relacionados coa auga, incluídos os custos ambientais, para acadar a suficiencia financeira do sistema a un prezo axeitado. g) Coordinación e cooperación entre as administracións públicas. h) Garantir da calidade da subministración da auga, defensa da saúde dos cidadáns e das cidadás. i) Solidariedade territorial nos investimentos en infraestruturas e de equidade social nas tarifarias.
Estrutura interna O seu organigrama interno e funcionamento está estruturado en: Presidencia, órgano executivo. Consello Reitor, estrutura de participación integrada para o uso sostible da auga.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Augas de Galicia DHGC - Visor Xeografico Galicia Costa (Augas de Galicia) Plan Hidrolóxico de Galicia Costa
Categoría:Organismos da Xunta de Galicia