Ezkaroze (tamén oficial en ) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, no val de Salazar e a 84 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2014 foi de 329 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 29,27 km² e a súa densidade de poboación é de 11,58 hab/km².

Xeografía Situación A localidade de Ezkaroze atópase na parte nordés de Navarra, dentro da rexión xeográfica da Montaña de Navarra (Vales Pirenaicos), na comarca xeográfica de Roncal-Salazar e na zona central do Val de Salazar. Está a unha altitude de 742 msnm. O seu termo municipal abrangue unha superficie de 29,27 km² e limita ó norte co concello de Otsagabia, ó leste co de Uztarroze, ó sur co de Orontze e ó oeste co de Jaurrieta.{

Demografía

Cultura Símbolos O escudo de armas da vila de Ezkaroze ten o seguinte brasón:

Este escudo é o brasón privativo do val de Salazar e ó mesmo tempo, de cada unha das súas vilas. Simboliza a natureza gandeira do val e a necesidade de defender os animais dos ataques dos lobos.

Servizos públicos Sanidade Atención primaria O concello de Ezkaroze pertence á Área II de Saúde de Navarra Leste e á Zona Básica de Saúde do Val de Salazar, a cal comprende os concellos de: Navascués, Sartze, Ezkaroze, Itzaltzu, Galoze, Espartza Zaraitzu, Jaurrieta, Gorza, Orontze e Otsagabia.

O centro de saúde desta zona atópase situado nesta localidade.

Atención hospitalaria O concello pertence á área de Pamplona, onde hai 2 hospitais de nivel terciario, un hospital monográfico de ortopedia e rehabilitación na localidade de Elkano, 4 centros ambulatorios de atención especializada, 3 en Pamplona e un en Tafalla, e 7 centros de saúde mental, 5 en Pamplona, un en Burlada e outro en Tafalla.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Concellos de Navarra