O Ducado de Cádiz é un título nobiliario español concedido por primeira vez polos Reis Católicos a Rodrigo Ponce de León e Núñez, III conde de Arcos, II marqués de Cádiz, da casa dos Ponce de León.

O seu nome refíre á cidade andaluza de Cádiz.

Unha vez morto o primeiro duque, os Reis Católicos negociaron coa súa herdeira Francisca Ponce de León e Jiménez de la Fuente a abolición do marquesado e do ducado de Cádiz, reincorporando tras a súa morte a cidade e os títulos á Coroa de Castela,Supresión del ducado de Cádiz. Diego Hurtado de Mendoza: Historia de la guerra de Granada dando ao seu fillo en compensación o condado de Casares e elevando o condado de Arcos a ducado de Arcos.

Durante séculos o título permaneceu en desuso, até o século XIX. Desde entón o título de duque de Cádiz ostentárono varios membros da familia do rei: Francisco de Asís Luis de Borbón, fillo primoxénito do infante de España Francisco de Paula de Borbón e, tras a súa morte o seu irmán (de igual nome) Francisco de Asís de Borbón, rei consorte, quen apenas utilizou este título en vida.

Así mesmo recibiu o ducado de Cádiz o infante de España Fernando María de Baviera e BorbónFernando de Baviera y Borbón, duque de Cádiz.Instituto Salazar y Castro: Tratado de genealogía, heráldica y derecho nobilario e, por último, Afonso de Borbón e Dampierre, quen recibiu o título por iniciativa do avó da súa esposa Carmen Martínez-Bordiú e Franco o xefe do Estado, Francisco Franco Bahamonde.

Sobre esta última concesión, o periodista e político Antonio Fontán (que máis adiante sería presidente do Senado) explicou o seguinte:García-Mercadal y García-Loygorri, Fernando (1998): Los Títulos de la Casa Real: algunas precisiones jurídico-dinásticas. Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía. Páx. 26.

Deste xeito, Afonso de Borbón recibiu o ducado de Cádiz. O 22 de novembro de 1972, Franco concedeulle por decreto a facultade de usalo en España. Tras a morte de Afonso, o título volveu reverter na Coroa unha vez máis.

Titulares miniatura|150px|Medallón de Rodrigo Ponce no Pavillón de San Martín da Praza Maior de Salamanca. Titular Período Primeira creación por Isabel I e Fernando V de Castela I Rodrigo Ponce de León e Núñez 1484-1492 II Francisca Ponce de León e Jiménez de la Fuente 1492-1493 Segunda creación por Fernando VII I Francisco de Asís de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias 1820-1821 II Francisco de Asís de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias 1822-1902 III Fernando María de Baviera e Borbón Terceira creación por Xoán de Borbón I Afonso de Borbón e Dampierre 1972-1989

Galería

Notas

Categoría:Cádiz Categoría:Ducados de España