Jonatan Valle Trueba, coñecido habitualmente como Jonatan Valle e ás veces escrito incorrectamente Jonathan Valle, nado en Santander o 30 de decembro de 1984, é un exfutbolista profesional cántabro.
Traxectoria Nado en Santander en 1984, Valle formouse nas categorías inferiores do equipo da súa cidade, o Real Racing Club de Santander, aínda que xa desde moi novo destacara no equipo do seu barrio, o Monte. No club cántabro coincidiu con algúns futbolistas que posteriormente chegaría a ser internacionais, como é o case de José Antonio Reyes ou Andrés Iniesta. Estado en categoría alevín no ano 1996, gañaria co seu equipo o "Campionato Nacional Alevín de Fútbol de Brunete", campionato no que participan as categorías inferiores dos equipos que ese ano xogaron na Primeira División. Precisamente na final gañaría ao Albacete de Andrés Iniesta. Nese intre Valle era pretendido polo Ajax, o Real Madrid e o Barcelona, aínda que o Racing decidiu blindalo poñéndolle unha cláusula de rescisión de 1.000 millóns de pesetas.
En 1999, con tan só 14 anos foi concentrado para realizar a pretempada co equipo en Dwingeloo, Países Baixos, da man de Gustavo Benítez. Nun dos primeiros adestramentos da concentración co equipo profesional, caneou cinco compañeiros e deu un pase de gol, o que o levou ao técnico a decidir aliñalo para xogar nun partido amigábel o 30 de xullo. Aínda que non conseguiu marcar no encontro chamou a atención de diferentes medios de prensa internacionais. Porén, a partir de aí a súa carreira non levou a progresión desexada. Segundo palabras do propio xogador:
O 9 de setembro de 2002 debutou co Racing B na Segunda División B nun encontro ante o Peña Sport. Esa mesma tempada 2002-03, con 18 anos, debutou na Primeira División ante o Club Atlético Osasuna da man de Dmitry Piterman e Manuel Preciado. A tempada 2003-04 foi a súa primeira tempada co equipo profesional tras asinar un contrato por 5 tempadas. Sobre o primeiro ano o xogador, aínda que acaba con bos números, non estaba moi ledo:
Na tempada 2005-06, nun ano de sufrimento para o Racing, seguiu xogando como "revulsivo" para o equipo cántabro, saíndo nas segundas partes e revolucionando o equipo con pinceladas de calidade. Na tempada 2006-07 foi cedido ao Málaga. da Segunda División. para dispor de máis minutos e gañar experiencia. Esta tempada regresou ás filas do Racing. Na tempada 2007-08 volveu ao Racing onde Marcelino lle comunica que ten el, mais as lesións, 3 consecutivas, non lle deixaron nin sequera estar a disposición do técnico até a segunda volta. Na tempada 2008-09 Juan Ramón López Muñiz non ten el para o primeiro equipo do Racing e é cedido á Ponferradina coa que realiza unha notábel tempada. Valle, amósase anoxado por esa etapa continua de cesións:
Para a tempada 2009-10. ficha polo Castellón, gardándose o Racing unha opción de compra sobre o xogador de dous anos de duración. O 20 de xaneiro de 2010, volve en calidade de cedido ao club berciano, onde consegue o ascenso. Para a seguinte tempada ficha polo CD Leganés. En febreiro de 2012 ficha polo Rubín Kazán da Liga Premier de Rusia, onde consegue gañar a Kubok Rossii (do ruso: Copa de Rusia), aínda que non pode xogar moitos partidos por mor dunha lesión. En xullo de 2012 ficha polo Recreativo de Huelva da Segunda División a petición de Sergi Barjuan, adestrador do club onubense, por tres tempadas a razón de 150.000 euros cada unha delas. O 15 de xullo de 2014 abandona o Recreativo e ficha polo Club Deportivo Lugo, tamén da Segunda División. No seu primeiro encontro co club lucenso, cando estaba a ser o máis destacado do partido ante o CD Mirandés en Anduva, tense que retirar lesionado no minuto 16, entrando no seu lugar Álvaro Peña. Finalmente debido a lesións non disputa moitos partidos do co club lucense. Na seguinte temporada, tras non serlle ofrecida a renovación, asina co Burgos CF da Segunda División B
Clubs AnoClubDivisiónPartidosGoles1999-2000Racing de SantanderPrimeira002002-2003Racing de Santander BSegunda B2852002-2003Racing de SantanderPrimeira102003-2004Racing de SantanderPrimeira2522004-2005Racing de SantanderPrimeira2202005-2006Racing de SantanderPrimeira1802006-2007Málaga CFSegunda2612007-2008Racing de SantanderPrimeira802008-2009SD PonferradinaSegunda B35112009-2010CD CastellónSegunda1702010SD PonferradinaSegunda B2532010-2011CD LeganésSegunda B2642012FC Rubin KazanPrimeira302012-2013Recreativo de HuelvaSegunda3752013-2014Recreativo de HuelvaSegunda1812014-2015CD LugoSegunda1602015-2016Burgos CFSegunda B
Títulos Segunda División B (2009-10) Copa de Rusia (2012)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en Transfermarkt Datos do xogador en BDFútbol Datos do xogador en Soccer Data Base Reportaxe sobre o xogador en Marca
Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Santander Categoría:Futbolistas de Cantabria Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Racing de Santander B Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do CD Castellón Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores do FC Rubin Kazan Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Burgos CF Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21