A ADN polimerase Pfu, tamén chamada Pfu DNA polimerase ou Pfu polimerase é unha ADN polimerase da arquea hipertermófila Pyrococcus furiosus. A súa función no microorganismo desta nucleotidiltransferase é replicar o seu ADN durante a división celular.

A Pfu polimerase utilízase no laboratorio para amplificar o ADN na reacción de cadea da polimerase (PCR), función para a que presenta varias vantaxes en relación co encima tradicionalmente usado Taq polimerase da bacteria termófila Thermus aquaticus, xa que é máis estable termicamente, e sobre todo ten unha actividade de exonuclease 3'-5' que permite eliminar os erros de inserción de bases durante a replicación (actividade de corrección de probas). En consecuencia, a PCR realizada coa Pfu polimerase é máis fiable que a realizada usando a Taq polimerase.

A Pfu polimerase dispoñible comercialmente xera unha taxa de erro de 1 por 1,3 millóns de pares de bases e pode producir un 2,6 % de produtos mutados na PCR. Porén, é máis lenta que a Taq polimerase, xa que tarda de 1 a 2 minutos por ciclo para amplificar 1 kb de ADN a 72 °C.

Historia Os científicos da compañía Stratagene, de California, descubriron as vantaxes da Pfu en comparación coa Taq en 1991.Lundberg et al., "A High Fidelity Thermostable DNA Polymerase Isolated from Pyrococcus Furiosus," Strategies 4:34-35 (1991) e Gene 1991 Dec 12;108(1):1-6) Obtiveron a patente 5.489.523 nos Estados Unidos sobre unha Pfu deficiente en actividade exonuclease e outra patente co número 5.545.552 sobre a propia Pfu en 1996.

Nota

Categoría:Transferases