Estrella Castro Navarrete, máis coñecida como Estrellita Castro, nada en Sevilla o 26 de xuño de 1908 e finada en Madrid o 10 de xullo de 1983, foi unha cantante e actriz española considerada a creadora da copla andaluza. A artista viviu a súa época dourada durante os anos 30 e 40 do Século XX. Algunhas das súas cancións máis famosas son Mi Jaca, Rocío, La Morena de mi Copla, Suspiros de España e María de la O.

Estancia en Galicia

O pai de Estrellita, José Castro Bascuas, era un peixeiro galego que emigrou a Andalucía. Aínda que a artista naceu en Sevilla permaneceu dous anos en San Pedro de Ancorados, A Estrada, localidade natal do seu pai. Cando Estrellita era unha estrela consagrada da canción, foi co seu espectáculo a este lugar e actuou no Principal, onde foi calidamente acollida polo público .

Filmografía

1973 - Casa Flora 1971 - La casa de los Martínez 1967 - La Niña del patio 1963 - Han robado una estrella 1953 - Gitana tenías que ser 1943 - La patria chica 1943 - La maja del capote 1942 - Los misterios de Tánger 1941 - Torbellino 1940 - La gitanilla 1939 - Los hijos de la noche 1938 - Mariquilla Terremoto 1938 - El barbero de Sevilla 1938 - Suspiros de España 1935 - Rosario la Cortijera 1933 - Mi patio andaluz (corto)

Notas

Categoría:Cantantes de España Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1983