Armindo Pintos CrespoTamén escrito Hermindo ou Hermino. nado no Porriño o 6 de febreiro de 1940 e finado en Vigo o 1 de setembro de 2020, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de extremo.

Traxectoria Comezou a xogar no Zeltia Deportivo, un club da súa vila natal, fichou polo Celta de Vigo a comezos do ano 1959 como máis xogadores, nun intento da directiva de non descender esa tempada a Segunda División, non conseguiron o obxectivo pero Pintos fíxose cun sitio no equipo.

Militou oito tempadas no Celta, todas elas excepto a primeira na Segunda División, a pesar de que o equipo rozou o ascenso en varias ocasións. A súa mellor tempada como céltico foi a 1964/65, na que foi, xunto con Téllez e Goyarán, o máximo goleador do equipo con 6 goles.

Antes do comezo da tempada 1966/67 chegou a un acordo co club para rescindir o seu contrato e fichou polo RCD Espanyol co que tiña a oportunidade de volver xogar en Primeira División, porén so disputou un encontro co equipo catalán. A final de tempada fichou polo Gimnástica de Torrelavega. Notas

Categoría:Nados no Porriño Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas do Porriño Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores da Gimnástica de Torrelavega