Sergi Gómez Solà, nado o 28 de marzo de 1992 en Arenys de Mar, é un futbolista catalán que xoga na demarcación de defensa para o Sevilla FC da Liga Santander.

Traxectoria Procedente do FPE Mataró ingresou nas categorías inferiores do FC Barcelona no ano 2006. Despois de pasar por tódalas categorías do fútbol base debutou co FC Barcelona B aínda en idade xuvenil para suplir a Andreu Fontàs, sendo unha peza importante no ascenso a Segunda División en 2010.

O verán seguinte foi convocado para facer a pretempada co primeiro equipo, adestrador por Pep Guardiola, debutando nun amigábel ante o Vålerenga IF. Ese mesmo verán xogou o seu primeiro partido oficial co Barcelona, na ida da Supercopa de España ante o Sevilla FC.

Aínda en idade xuvenil afianzase no filial xogando encontros amigábeis co primeiro equipo. En xuño de 2014 fichou polo Celta de Vigo despois da gran tempada do FC Barcelona B, na que quedou terceiro na categoría de prata.

Palmarés Campionatos Estatais TítuloClubPaísAnoSupercopa de EspañaFC BarcelonaEspaña2010División de Honra XuvenilFC Barcelona Xuvenil AEspaña2011Copa de Campións XuvenilFC Barcelona Xuvenil AEspaña2011Copa do Rei de fútbol XuvenilFC Barcelona Xuvenil AEspaña2011

Campionatos Nacionais TítuloClubPaísAnoCopa CataluñaFC BarcelonaCataluña2013Copa CataluñaFC BarcelonaCataluña2014

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en Arenys de Mar Categoría:Nados en 1992 Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Sevilla FC