O Candedo é un lugar da parroquia de Ourol no concello lugués de Ourol na comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE en 2013 estaba deshabitado. Historia
Neste lugar naceu o empresario e filántropo Vicente Casabella en 1840.
O 16 de abril de 1938 tivo lugar o asasinato de tres mulleres: María Josefa Casabella Fernández, a súa irmá Felicitas Casabella Fernández, e a filla desta, Encarna Casabella Fernández, de trece anos de idade. Foron asasinadas por falanxistas e gardas civís na porta da súa casa por lle prestar axuda ao fuxido Alejandro Temblás Paz. Os falanxistas queimaron a vivenda e mataron o gando e logo festexaron a orxía de sangue ceando uns cabritos confiscados na casa nunha taberna próxima.
Lugares e parroquias Lugares de Ourol
Parroquias de Ourol
Categoría:Lugares de Ourol Categoría:Despoboados da provincia de Lugo