Los Maestros de España foi un periódico editado en Pontevedra en 1885.
Historia e características Subtitulado Periódico quincenal de primera enseñanza, apareceu o 15 de abril de 1885. Editábase na imprenta de José Millán. Periódico centrado no maxisterio primario e nos profesores españois máis distinguidos, repartiuse cos cadernos dunha obra do mesmo nome. Os seus redactores foron Severiano Regueral, Emilio Álvarez Giménez e Victoriano Encinas Reyes. Cesou a súa publicación no número 13.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1885 en Galicia