Rinaldo Fioramonte Martino tamén coñecido como Mamucho Martino, nado o 6 de outubro de 1921 en Rosario (Provincia de Santa Fe e finado o 15 de novembro de 2000 en Buenos Aires foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de centrocampista.

A Asociación do Fútbol Arxentino (AFA) incluíuno entre os 24 futbolistas arxentinos que integran o Salón da Fama.

Traxectoria Comezou xogando en equipos do seu Rosario natal, primeiro o Club Peñarol e despois o Club Belgrano. En 1941 fichou polo San Lorenzo de Almagro. Pese a non xogar como home máis adiantado tiña unha gran capacidade goleadora, sendo o máximo anotador do campionato arxentino de 1942.

Co equipo de Almagro gañou o título de liga en 1946 e realizou unha xira por Europa ese mesmo ano.

A finais dos anos 40 fichou polo Juventus FC italiano, co que acadou o título da Serie A, e incluso chegou a xogar coa Selección de fútbol de Italiahttp://www.rsssf.com/miscellaneous/argital-recintlp.html. De volta en América xogou no Club Nacional de Football, co que tamén gañou o título. Tras un breve paso por Boca Juniors volveu a Nacional para ser campión outra vez.

En 1953 fichou polo CA Cerro, onde se retirou.

Formou parte da Selección de fútbol da Arxentina entre 1942 e 1947 sendo campión da Copa América en dúas ocasións, 1945 e 1946. Na primeira delas anotou un gol histórico ante o Uruguai ante o porteiro Roque Máspoli, que se considera como un dos máis notábeis da historia do fútbol suramericano, e que foi bautizado no seu momento coma o gol de América.

Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoPrimeira División da ArxentinaSan Lorenzo Arxentina1946Serie A Juventus FCItalia1949/50Primeira División do UruguaiNacional Uruguai1950Primeira División do UruguaiNacional Uruguai1952

Copas internacionais

TítuloSedeEquipoAnoCopa América ChileSelección de fútbol da Arxentina1945Copa América ArxentinaSelección de fútbol da Arxentina1946

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estísticas ca Juventus FC Artigo

Categoría:Nados na provincia de Santa Fe Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Xogadores do CA San Lorenzo de Almagro Categoría:Xogadores do Juventus FC Categoría:Xogadores do Club Nacional de Football Categoría:Xogadores do CA Boca Juniors Categoría:Xogadores do Club Atlético Cerro Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Italia