Victorio Luis Spinetto, nado o 3 de xuño de 1911 en Buenos Aires e finado o 28 de agosto de 1990 foi un xogador e adestrador de fútbol arxentino que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria Coma xogador Debutou profesionalmente no Vélez Sársfield en 1932, onde xogou practicamente toda a súa carreira a excepción de case dous anos no CA Independiente. En 1941 vese obrigado a retirarse a causa dunha lesión grave tras o descenso ese mesmo ano de Vélez á Segunda División por primeira vez na súa historia.

Foi internacional coa Selección de fútbol da Arxentina entre os anos 1934 e 1936.

Pese a xogar en posicións atrasadas, defensa ou centrocampista defensivo, tiña unha gran capacidade goleadora, anotando 45 goles en Vélez, incluíndo catro nun só encontro, ante Chacaritas Juniors.

Coma adestrador Pouco despois de retirarse comezou a dirixir ao Vélez Sársfield, devolvendo o equipo á Primeira División en 1943 e dirixindoo durante catorce anos consecutivos. Estivo a piques de acadar o título de Liga en 1953.

Ademais doutros equipos tanto da máxima categoría do fútbol arxentino como doutras división tamén dirixiu á Selección de fútbol da Arxentina, coa que acadou o título da Copa América en 1959 sen perder ningún encontro.

Nos últimos anos adicousa ás categorías inferiores do club da súa vida, Vélez Sársfield.

Palmarés Como xogador Co CA Independiente Campión da Liga arxentina (1): 1938.

Como adestrador Ca selección arxentina Campión da Copa América (1): 1959.

Véxase tamén Ligazóns externas Artigo na páxina de Vélez Sársfield Ficha en bdfa.com.ar

Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CA Platense Categoría:Xogadores do CA Vélez Sarsfield Categoría:Xogadores do CA Independiente Categoría:Adestradores de fútbol da Arxentina Categoría:Adestradores do CA Vélez Sársfield Categoría:Adestradores do CA Atlanta Categoría:Adestradores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Adestradores do Argentinos Juniors Categoría:Adestradores do Racing Club de Avellaneda Categoría:Adestradores do Ferro Carril Oeste Categoría:Adestradores gañadores da Copa America