A Final do Mundial de Fútbol de 2014 foi o partido final da 20ª edición da Copa do Mundo da FIFA. Disputuse o 13 de xullo de 2014 no estadio do Maracanã do Río de Xaneiro entre as seleccións de e a , resultando vencedor por 1-0 o equipo europeo, que conquistou así o seu cuarto título mundial. O autor do único gol do partido foi Mario Götze.

Antecedentes Os dous equipos coincidiran até este partido en 20 ocasións, que se saldaran con 6 vitorias para , 5 empates e 9 vitorias para , marcando entre os dous equipos un total de 28 goles. Seis dos partidos foran na Copa do Mundo, dous dos cales foran tamén finais. Este foi, entón, o sétimo partido entre ambos conxuntos nun Mundial, sendo até ese momento o maior rexistro de partidos entre dous equipos xunto cos encontros - e - . Os anteriores partidos que xogaron na Copa do Mundo son:

Copa do Mundo de 1958. Grupo 1

Copa do Mundo de 1966. Grupo 2

Copa do Mundo de 1986. Final

Copa do Mundo de 1990. Final

Copa do Mundo de 2006. Cuartos de final

Copa do Mundo de 2010. Cuartos de final

De entre os xogadores que participaron na Copa do Mundo 2014, os seguintes xogadores estiveron nos encontros de 2006 e 2010: 2006: Alemaña: Miroslav Klose, Philipp Lahm, Per Mertesacker, Lukas Podolski, e Bastian Schweinsteiger. Arxentina: Javier Mascherano e Maxi Rodríguez (Lionel Messi e Rodrigo Palacio foron suplentes non utilizados). 2010: Alemaña: Jérôme Boateng, Sami Khedira, Miroslav Klose, Toni Kroos (substitute), Philipp Lahm, Per Mertesacker, Thomas Müller, Manuel Neuer, Mesut Özil, Lukas Podolski e Bastian Schweinsteiger. Arxentina: Sergio Agüero (substituto), Martín Demichelis, Ángel di María, Gonzalo Higuaín, Javier Mascherano, Lionel Messi, Maxi Rodríguez e Sergio Romero (Mariano Andújar foi suplente non utilizado).

Klose marcou un gol no partido de 2006 e outros dous máis no encontro de 2010, mentres que Müller meteu un gol no partido de 2010. O adestrador de alemaña Joachim Löw era adestrador asistente do conxunto xermano en 2006 e adestrador principal en 2010. O partido máis recentre entre os dous equipos foi un partido amigábel xogado o 15 de agosto de 2012 no Commerzbank-Arena de Frankfurt, partido gañado polo conxunto arxentino por 3 a 1 con goles de Khedira en propia meta, Messi e Di María, mentres que o gol alemán foi obra de Höwedes. Despois do torneo os equipos tiñan previsto un amigábel para o 3 de setembro de 2014, sendo o primeiro partido para ambos equipos despois da Copa do Mundo.

Cómpre destacar que na Copa do Mundo de 1974 enfrontáronse as seleccións da Arxentina e (RDA), porén, só está considerada herdeira da actual selección alemá pola FIFA a de Alemaña Occidental:

Copa do Mundo de 1974. Segunda fase. Grupo A

Camiño á final AlemañaRoldaArxentinaRivalResultadoFase de gruposRivalResultado4 – 0Partido 12 – 12 – 2Partido 21 – 01 – 0Partido 33 – 2EquipoPVEDGFGCDGPts321072+5731114404311147−34301246−21Clasificación finalEquipoPVEDGFGCDGPts330063+393111330431024403301214−31RivalResultadoFase finalRivalResultado2 – 1Oitavos1 – 01 – 0Cuartos1 – 07 – 1Semifinais0 – 0

Ficha do encontro

border|100px|AlemañaALEMAÑA: PO 1 Manuel NeuerLD 16Philipp Lahm (c)DF 20Jérôme BoatengDF 5Mats HummelsLE 4 Benedikt Höwedes   MC 23Christoph Kramer MC 7 Bastian Schweinsteiger   ED 13Thomas MüllerMP 18Toni KroosEE 8Mesut Özil DC 11Miroslav Klose Substitucións:MC 9André Schürrle MC 19Mario Götze DF 17Per Mertesacker Adestrador: Joachim Löw300px|link=border|100px|ArxentinaARXENTINA: PO 1 Sergio RomeroLD 4 Pablo ZabaletaDF 15Martín DemichelisDF 2 Ezequiel GarayLE 16Marcos RojoMC 14Javier Mascherano    MC 6Lucas Biglia ED 8 Enzo Pérez EE 22Ezequiel Lavezzi SD 10Lionel Messi (c)DC 9 Gonzalo Higuaín Substitucións:DI 20Sergio Agüero DI 18Rodrigo Palacio MC 5Fernando Gago Adestrador: Alejandro Sabella Xogador do partido: Mario Götze

Árbitros asistentes: Renato Faverani (Italia) Andrea Stefani (Italia) Cuarto árbitro: Carlos Vera (Ecuador) Quinto árbitro: Christian Lescano (Ecuador)

Estatísticas Global

Alemaña ArxentinaGoles marcados 1 0Disparos 10 10Tiros a porta 7 2Posesión do balón 53% 47%Lanzamentos de corner 5 3Faltas cometidas 20 17Foras de xogo 3 2Cartón amarelo 2 2Dobre amoestación 0 0Cartón vermello 0 0 FIFA.com – Alemaña - Arxentina – Resumo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Copa Mundial de Fútbol de 2014 Fase final da Copa Mundial de Fútbol de 2014

Ligazóns externas Sitio web oficial da FIFA World Cup Regulamento oficial da Copa Mundial da FIFA Brasil 2014

Categoría:Mundial de Fútbol de 2014 2014 Categoría:Partidos da selección de fútbol de Alemaña Categoría:Partidos da selección de fútbol da Arxentina