La Semana Brigantina foi un semanario editado en Betanzos en 1930.
Historia e características Subtitulado Periódico independiente, defensor del pueblo, apareceu o 16 de marzo de 1930. Publicábase os domingos. Entre os seus colaboradores figuraron Adolfo Vila Real, Enrique Rivas Capell, Eduardo Barreiro, Mariano Marcos e "Cicacisco". O último número coñecido é o 7, correspondente ao 27 de abril de 1930.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas La Semana Brigantina na Hemeroteca Virtual de Betanzos
Categoría:Prensa escrita de Betanzos Categoría:1930 en Galicia