miniatura|330px|O Renault RS10 primeiro coche turbo que gañou unha carreira de Gran Premio O Gran Premio de Francia de fórmula 1 de celebrouse no Circuíto de Dijon-Prenois en Francia o 1 de xullo de 1979. Foi a oitava proba da tempada de Fórmula Un de , o 57º Gran Premio de Francia.
Resumo da carreira
Foi a primeira vitoria dun coche con turbo na Fórmula Un, Renault superou os problemas de fiabilidade que afectaran inicialmente a seu coche. Para Jean-Pierre Jabouille foi unha vitoria na súa terra natal, pilotando un coche francés (Renault), con pneumáticos franceses (Michelin), cun motor francés (Renault), e combustible francés (Elf). Jabouille foi o primeiro francés en gañar o Gran Premio de Francia desde Jean-Pierre Wimille en 1948.
A carreira é recordada por presentar unha das batallas máis feroces para acadar o segundo lugar, entre o piloto de Ferrari Gilles Villeneuve e o piloto de Renault René Arnoux, en varias ocasións durante as últimas voltas tocábanse cas rodas e intercambiaban as posicións. Esta loita é citada a miúdo como unha das máis memorables das carreiras de Fórmula Un. Villeneuve, que pasou a liña de meta a menos dun cuarto de segundo por diante de Arnoux, máis tarde describiu a loita como "o meu mellor recordo dunha carreira de Gran Premio".
Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 15 Jean-Pierre Jabouille Renault 80 1:35:20.42 1 9 2 12 Gilles Villeneuve Ferrari 80 + 14.59 3 6 3 16 René Arnoux Renault 80 + 14.83 2 4 4 27 Alan Jones Williams-Ford 80 + 36.61 7 3 5 4 Jean-Pierre Jarier Tyrrell-Ford 80 + 1:04.51 10 2 6 28 Clay Regazzoni Williams-Ford 80 + 1:05.51 9 1 7 11 Jody Scheckter Ferrari 79 + 1 volta 5 8 26 Jacques Laffite Ligier-Ford 79 + 1 volta 8 9 20 Keke Rosberg Wolf-Ford 79 + 1 volta 16 10 8 Patrick Tambay McLaren-Ford 78 + 2 voltas 20 11 7 John Watson McLaren-Ford 78 + 2 voltas 15 12 31 Héctor Rebaque Lotus-Ford 78 + 2 voltas 23 13 2 Carlos Reutemann Lotus-Ford 77 + 3 voltas 13 14 29 Riccardo Patrese Arrows-Ford 77 + 3 voltas 19 15 30 Jochen Mass Arrows-Ford 75 + 5 voltas 22 16 18 Elio de Angelis Shadow-Ford 75 + 5 voltas 24 17 35 Bruno Giacomelli Alfa Romeo 75 + 5 voltas 17 18 17 Jan Lammers Shadow-Ford 73 + 7 voltas 21 Ret 3 Didier Pironi Tyrrell-Ford 71 Suspensión 11 Ret 14 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 53 Motor 18 Ret 6 Nelson Piquet Brabham-Alfa Romeo 52 Accidente 4 Ret 1 Mario Andretti Lotus-Ford 51 Freos 12 Ret 25 Jacky Ickx Ligier-Ford 45 Motor 14 Ret 5 Niki Lauda Brabham-Alfa Romeo 23 Trompo 6 NTS 9 Hans Joachim Stuck ATS-Ford Problemas cas rodas NSC 22 Patrick Gaillard Ensign-Ford NSC 24 Arturo Merzario Merzario-Ford
Posicións logo da carreira
Clasificación do campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Jody Scheckter 30 (34) 2 Gilles Villeneuve 26 3 Jacques Laffite 24 4 Patrick Depailler 20 (22) 5 Carlos Reutemann 20 (25)
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Ferrari 60 2 Ligier-Ford 46 3 Lotus-Ford 37 4 Tyrrell-Ford 17 5 Williams-Ford 14
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os mellores 4 resultados das primeiras 7 carreiras e os 4 mellores resultados das últimas 8 carreiras contan para o campionato de pilotos. Números sen paréntesis son puntos no Campionato; os números entre paréntesis son os puntos totais anotados.
Notas Líderes por volta: Gilles Villeneuve 46 voltas (1-46); Jean-Pierre Jabouille 34 voltas (47-80). Primeira vitoria para Renault na Fórmula Un. Primeira vitoria para un coche con turbo na Fórmula 1, logrado polo Renault RS10.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Francia Categoría:Gran Premio de Francia de Fórmula 1