Avante foi un semanario editado en Vilagarcía de Arousa en 1931.

Historia e características Subtitulado Semanario republicano, apareceu o 23 de marzo de 1931.El Progreso, 26-3-1931, p. 2. Periódico semanal editado polo Centro Republicano de Vilagarcía de Arousa,El Pueblo Gallego, 28-2-1931, p. 6. e dirixido (nos seus catro primeiros números) por Pedro Díaz Abalo, que cesou por incompatibilidades ideolóxicas ao proclamarse a Segunda República Española. Carecía de seccións fixas. Cesou a súa publicación despois das eleccións de xuño de 1931.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Vilagarcía de Arousa Categoría:1931 en Galicia Categoría:Prensa republicana