Para outros artigos sobre persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Sutherland

Alyssa Sutherland, nada o 23 de setembro de 1982 en Brisbane é unha actriz e modelo australiana.

Traxectoria Coma modelo Comezou a súa carreira coma modelo en 1997 na revista para adolescentes de Australia, Girlfriend, asinando tamén un contrato con Vogue Australia. Levou a cabo unha intensa campaña publicitaria, sendo a imaxe de Bulgari, Ralph Lauren, Garnier, Calvin Klein, Chanel, John Frieda, Kerastase, Hugo Boss e Abercrombie & Fitch.

Co tempo ademais da súa participación en Vogue, tanto en Australia coma en Alemaña, Italia, Grecia ou USA, tivo aparicións en Elle, Marie-Claire, Harper's Bazaar, Glamour Italy, I.D., Wallpaper* e The Face and Scene

Coma actriz O seu primeiro papel no cinema foi en The Devil Wears Prada (O demo vístese de Prada), seguido de Day on Fire, Don't look up e a serie de televisión New Amsterdam. O seu papel máis coñecido ata o momento foi a súa participación na serie Vikings a finais da primeira tempada, coma a princesa Aslaug.

Filmografía Ano Título Papel Notas 2006 The Devil Wears Prada Clacker 2006 Day on Fire Claire 2008 New Amsterdam Alice Televisión 2008 Huge Izzy Televisión 2011 Law and Order: Special Victims Unit Kate Televisión 2012 Arbitrage A recepcionista de Jeffrey's 2013 The Fortune Theory Delilah Heinz 2013 Vikings Aslaug Televisión

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en Brisbane Categoría:Nados en 1982 Categoría:Actores de cinema de Australia Categoría:Actores de televisión de Australia Categoría:Modelos femininas de Australia