O petróglifo de Bouza Abadín é un grupo de varios gravados rupestres en seis penedos nas faldras entre o monte Padronelo e o Carboeiro, a 200 m da aldea de Imo (concello de Dodro). É un conxunto de interese histórico e artístico da Idade de Bronce co código no Catálogo da Xunta; GA15033008. Está constituído por combinacións de círculos concéntricos, cruces, coviñas e figuras zoomorfas moi esquematizadas, dando testemuña das xentes que habitaron esta zona entre os anos 1800 e 600 a. C.

En febreiro de 2011 un grupo de persoas voluntarias, baixo a supervisión dunha arqueóloga, limparon e acondicionaron a estación rupestre. Durante a limpeza saíron á luz tres novos gravados que non estaban aínda inventariados.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Petróglifos de Galicia Categoría:Dodro