O Gran Premio de Mónaco de 2014 (formalmente o Formula 1 Grand Prix de Monaco 2014) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 25 de maio de 2014 no Circuíto de Mónaco, Monte Carlo, Principado de Mónaco. É a sexta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014.
Resumo da carreira
Previa Do mesmo xeito que no Gran Premio de Mónaco de 2013, o fornecedor de pneumáticos Pirelli trouxo o amarelo brando como o pneumático "prime" máis duro e o composto súper brando de cor vermella o pneumáticos "option", tal como fixeron nos dous anos anteriores. Foi a segunda vez na tempada na que o composto súper brando utilizouse nun fin de semana.
Logo de concluída a sesión de cualificación, Nico Rosberg foi investigado polos comisarios despois de que se saíse e provocara unha bandeira amarela nos últimos instantes da sesión, que custoulle a Lewis Hamilton a oportunidade de lograr a pole position. pero, non se aplicou ningunha penalización. Daniil Kvyat recibiu unha reprimenda por obstaculizar a Pastor Maldonado durante a primeira parte da cualificación, mentres que Marcus Ericsson recibiu dous puntos de penalización, e comezou desde o pit lane por causar unha colisión con Felipe Massa.
Carreira Pastor Maldonado quedou parado na grella antes da volta de quecemento de xeito non comezou a carreira. Nico Rosberg liderou por diante de Lewis Hamilton e Daniel Ricciardo desde a pole, pero Kimi Raikkonen pasou de sexto ao cuarto lugar por diante do seu compañeiro de equipo Fernando Alonso e o campión mundial Sebastian Vettel. Na 1ª volta Sergio Pérez saíuse en Mirebeau e foi alcanzado por Jenson Button cando daba marcha atrás para volver á carreira, foi necesario que saíra o coche de seguridade, Pérez retirouse da carreira e os coches de Adrian Sutil e Romain Grosjean resultaron danados. Vettel sufriu un problema co seu turbo e retirouse na 5ª volta.
Raikkonen superou a Ricciardo cando marchou o coche de seguridade a quedou na terceira posición por detrás dos dous coches de Mercedes que comezaron a afastarse. Sutil comezou a ascender desde o fondo do pelotón logo da súa parada en boxes adiantando a Grosjean e Marcus Ericsson na forquita, pero na volta 23 perdeu o control saíndo do túnel e estrelouse na Nouvelle Chicane obrigando a saír ó coche de seguridade por segunda vez.
Todo o mundo entrou en boxes co coche de seguridade, agás Felipe Massa. Raikkonen tivo que entrar en boxes dúas veces despois de que fora golpeado por Jules Bianchi e tivera unha picada, o que deu lugar a que caera ao fondo do pelotón. Jean-Eric Vergne recibiu un drive-through por unha saída perigosa de boxes no camiño de Kevin Magnussen.
Rosberg e Hamilton, unha vez máis se afastaban con Ricciardo terceiro e Alonso cuarto. Felipe Massa fixo a súa primeira parada en boxes logo de 40 voltas. Vergne sufriu un fallo de motor na volta 50 o que provocou a súa cuarta retirada en 6 carreiras, igualando a Sutil. Valtteri Bottas foi adiantado por Esteban Gutiérrez, Raikkonen e Massa, que estaba con pneumáticos novos, cando o motor de Bottas fallou na volta 55. Logo Gutiérrez estrelouse na Rascasse na volta 59 o que lle impediu lograr os seus primeiros puntos da tempada cando marchaba noveno. Isto levou ao Marussia de Jules Bianchi ata o 10º posto, sería a primeira vez que Marussia lograra puntos, pero recibiu unha penalización de 5 segundos por unha sanción durante a saída do coche de seguridade que o deixaba no 11º posto.
Jenson Button pasou o seu compañeiro de equipo Magnussen na curva 1, subindo ata sexto posto, e logo Raikkonen tratou de facer o mesmo na forquita, pero foise contra a barreira encerrando a Magnussen. Tanto Raikkonen como Magnussen lograron saír da barreira, dando marcha atrás, pero perderon moito tempo, pasando Bianchi a oitavo e Grosjean a noveno. Raikkonen perdeu unha volta xa que tivo que entrar en boxes para a súa reparación.
Mentres tanto, na fronte, Hamilton rodaba ao redor dun segundo detrás de Rosberg como na maior parte da carreira con Ricciardo case 15 segundos por detrás dos dous, pero a Hamilton entroulle un lixo no seu ollo a 12 voltas para o final o que significou que desacelerou, permitindo a Ricciardo, na volta 73 a 5 voltas para o final situarse xusto detrás de el, con todo Hamilton logrou aguantar para lograr o segundo lugar na liña de meta, mentres que Ricciardo terminou terceiro.
Rosberg gañou o seu segundo Gran Premio de Mónaco consecutivo e retomou o liderado do campionato. Só Hamilton, Ricciardo, e Alonso, cuarto, terminaron sen ser dobrados polo líder. Nico Hülkenberg terminou quinto, mantendo baixo control a Button (6º). Massa terminou sétimo, Bianchi terminou oitavo, pero recibiu unha segunda penalización de 5 segundos de tempo, que o fixo caer ao noveno posto, detrás de Grosjean, aínda así anotou o seu primeiro punto e o de Marussia na súa andaina na Fórmula 1. Magnussen recuperouse para terminar 10º, co novato Marcus Ericsson 11º.
Clasificación
Cualificación Pos. Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella 1 6 Nico Rosberg Mercedes 1'17"678 1'16"465 1'15"989 1 2 44 Lewis Hamilton Mercedes 1'17"823 1'16"354 1'16"048 2 3 3 Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 1'17"900 1'17"233 1'16"384 3 4 1 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1'18"383 1'17"074 1'16"547 4 5 14 Fernando Alonso Ferrari 1'17"853 1'17"200 1'16"686 5 6 7 Kimi Räikkönen Ferrari 1'17"902 1'17"398 1'17"389 6 7 25 Jean-Eric Vergne STR-Renault 1'17"557 1'17"657 1'17"540 7 8 20 Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 1'17"978 1'17"609 1'17"555 8 9 26 Daniil Kvyat STR-Renault 1'18"616 1'17"594 1'18"090 9 10 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1'18"108 1'17"755 1'18"327 10 11 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1'18"432 1'17"846 11 12 22 Jenson Button McLaren-Mercedes 1'17"890 1'17"988 12 13 77 Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1'18"407 1'18"082 13 14 8 Romain Grosjean Lotus-Renault 1'18"335 1'18"196 14 15 13 Pastor Maldonado Lotus-Renault 1'18"585 1'18"356 15 16 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1'18"209 sen tempo 16 17 21 Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 1'18"741 17 18 99 Adrian Sutil Sauber-Ferrari 1'18"745 18 19 17 Jules Bianchi Marussia-Ferrari 1'19"332 21Jules Bianchi foi penalizado con cinco posicións, por un cambio da caixa de cambios non programado 20 4 Max Chilton Marussia-Ferrari 1'19"928 19 21 10 Kamui Kobayashi Caterham-Renault 1'20"133 20 22 9 Marcus Ericsson Caterham-Renault 1'21"732 PLMarcus Ericsson saíu desde o pit lane logo de provocar un choque con Felipe Massa na Q1, privando a Massa de participar na Q2.107% tempo: 1'22"985 Fonte:
Carreira Pos. Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 6 Nico Rosberg Mercedes 78 1:49:27.601 1 25 2 44 Lewis Hamilton Mercedes 78 +9.2 2 18 3 3 Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 78 +9.6 3 15 4 14 Fernando Alonso Ferrari 78 +32.4 5 12 5 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 77 +1 volta 11 10 6 22 Jenson Button McLaren-Mercedes 77 +1 volta 12 8 7 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 77 +1 volta 16 6 8 17 Romain Grosjean Lotus-Renault 77 +1 volta 14 4 9Jules Bianchi terminou oitavo, pero foi penalizado con 5 segundos por unha sanción cando saíu o coche de seguridade, e perdeu unha posición final. 8 Jules Bianchi Marussia-Ferrari 77 +1 volta 21 2 10 20 Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 77 +1 volta 8 1 11 9 Marcus Ericsson Caterham-Renault 77 +1 volta PL 12 7 Kimi Räikkönen Ferrari 77 +1 volta 6 13 10 Kamui Kobayashi Caterham-Renault 76 +2 voltas 20 14 4 Max Chilton Marussia-Ferrari 75 +3 voltas 19 Ret 21 Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 62 Accidente 17 Ret 77 Valtteri Bottas Williams-Mercedes 57 Motor 13 Ret 25 Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 52 Motor 7 Ret 99 Adrian Sutil Sauber-Ferrari 25 Accidente 18 Ret 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 11 Mecánica 9 Ret 1 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 6 Motor 4 Ret 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1 Colisión 10 NTS 13 Pastor Maldonado Lotus-Renault 15 Fonte:
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos. Piloto Puntos 10px 1 1 Nico Rosberg 122 10px 1 2 Lewis Hamilton 118 10px 3 Fernando Alonso 61 10px 1 4 Daniel Ricciardo 54 10px 1 5 Nico Hülkenberg 47
Clasificación do campionato de construtores Pos. Construtor Puntos 10px 1 Mercedes 240 10px 2 Red Bull-Renault 99 10px 3 Ferrari 78 10px 4 Force India-Mercedes 67 10px 5 McLaren-Mercedes 52
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Mónaco Categoría:Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1