El Celta foi unha empresa de transporte de pasaxeiros fundada en Santiago de Compostela no ano 1954.
Historia En Santiago tiña parada na rúa da Senra, fóra do edificio Castromil, e facía a liña entre a cidade Santiago de Compostela e Santa Uxía de Ribeira, percorrendo por estrada o traxecto que separa ámbalas dúas cidades.
No ano 1994 El Celta pasou a formar parte da empresa Hermanos Ferrín S.L. e en 1997 xa se atopaba baixo control de Ideal Auto, que ademais contaba coas marcas Ersa e Iasa. Arriva del Noroeste adquiriu en 2001 a popular compañía de transportes, desaparecendo como marca nas estradas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Castromil (autocares) Ideal Auto
Categoría:Empresas de transporte de Galicia Categoría:Historia de Santiago de Compostela Categoría:Ribeira