El Brigantino foi un periódico editado en Ferrol entre 1866 e 1880.
Historia e características Apareceu o 2 de xaneiro de 1866 como diario da revista El Pensamiento de Galicia; pero por dificultades como consecuencia da lexislación de imprenta, desapareceu o ano seguinte. En 1868, logo do triunfo do levantamento de setembro, Ricardo Pita imprimiu o xornal co nome de Boletín de la Revolución. Reapareceu en 1880La Ilustración Gallega y Asturiana, 18-1-1880, p. 11. defendendo dos seus atacantes a fracción republicana radical que existía no Concello. Ricardo Pita realizou todas as tarefas de dirección, impresión e redacción. Ventura Pueyo foi redactor e tamén director. Entre os seus colaboradores figuraron Rodríguez Pridall, Daniel Rodríguez, e Loño y Casal.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas Germán Castro Tomé (2/1/2014). "Hace 148 años nacía "El Brigantino", primer periódico diario de Ferrol, con servicio telegráfico" deferrolparaelmundo.blogspot.com
Categoría:Prensa escrita de Ferrol Categoría:1866 en Galicia